Espazo Común critica que a capacidade de decisión sobre o prezo da recollida de lixo pase a ser da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA INFORMATIVA DE ESPAZO COMÚN

O goberno pp-psoe do carballiño regala á deputación a capacidade de decisión sobre o prezo da recollida de lixo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proceso de desmantelamento do Concello iniciado por Fumega segue imparable agora co apoio dos seus socios populares.

Por primeira vez na historia, un órgano alleo decidirá o que pagan os veciños deste pobo por un imposto municipal.

                                                                         O Carballiño,  1 de outubro de 2024.

Cos votos a favor de PP e PSOE. Así se resolven as votacións no pleno do Carballiño e así se resolveu a que pode ser unha das afrentas máis graves sufridas por este Concello nos últimos anos.

Cos 11 votos dos anteditos, quedou aprobado que, a partires do 1 de xaneiro, sexa a Deputación de Ourense quen fixe a taxa pola recollida de lixo. É dicir, que uns señores de Cualedro, Xinzo ou Celanova decidirán canto van pagar os cidadáns desta vila por un servizo municipal.

Nunca antes se dera esta entrega absoluta de funcións que vai na liña que se arrastra hai tempo de desmantelar a institución a base de entregar a responsabilidade a empresas ou a outras administracións. Así, Fumega e o seu “once de gala” sempre teñen a quen botarlle a culpa de que as cousas vaian mal.

O debate na sesión plenaria foi esclarecedor xa que nin PP nin PSOE foron quen de aportar un só argumento sólido favorable para esta decisión e dende Espazo Común, insistimos en que todo forma parte do mesmo: o acordo de soldos e sillas entre Fumega, Menor e Marnotes con algúns actores convidados que pintan máis ben pouco na ecuación.

Ninguén foi quen de rebater que a fórmula que aplica a Deputación perxudica seriamente á cidadanía do Carballiño pois o criterio é só poboacional polo que o municipio con máis habitantes, aínda que pequeno en extensión, é o que máis paga namentres que outros moito máis grandes en extensión pero con moi pouca poboación pagan moito menos.

Unha nova barbaridade que van pagar, literalmente neste caso, os veciños e veciñas.