O’Potiños organiza dous concursos fotográficos de tema libre e do Carballiño

Esta mañá, o concello do Carballiño realizou unha nova presentación cultural, como son os dous concursos fotográficos postos en marcha pola asociación O’Potiños, que se mantén con gran actividade a pesar da situación sanitaria.

Pola parte do Centro Comercial Aberto, agradecen unha vez máis que iniciativas como estas poñan o foco neste sector, coma un atractivo máis da vila e tamén coma reclamo e fomento económico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manolo Blanco, presidente de O’Potiños, explicou en que consistirán. Trátase dunha continuidade do maratón fotográfico iniciado fai dous anos pero aberto a todo o mundo. Serán dous concursos diferenciados, un sobre o Carballiño e outro con tema libre.

O concurso dobre O Carballiño terá tres temáticas: o comercio local, as xentes do Carballiño e a paisaxe. As fotografías poden ser tanto en interiores coma en exteriores. E os premios serán en vales de compra no comercio local (1º premio con 500 euros, 2º premio con 300 euros e 3º premio con 100 euros).

O concurso de temática libre permite o uso de calquera material técnico e edición de fotografía. Os premios serán de 400 euros para o primeiro premio, de 200 euros para o segundo premio e de 100 euros para o terceiro premio. Esta modalidade de concurso foi moi reclamada por outras agrupación fotográficas cas que O’Potiños mantén colaboración.

Ambos con data límite o 19 de setembro. As bases de ambos poderán consultarse na páxina web da asociación, así como os premios ós que se poderán acceder.