Mañá, pleno no Carballiño, ca aprobación da bandeira e escudo municipais definitiva

Na xornada de mañá, xoves, a corporación do concello do Carballiño celebrará unha nova sesión plenaria, a correspondente ó mes de outubro. A sesión comezará ás 09:15 horas e poderase seguir en directo a través da paxina web de Badal Novas.

Entre os puntos da orde do día atópase a probación dos símbolos e distincións honoríficas e a proposta de cambio de nome do IES nº1 a María Teresa Miras Portugal. O alcalde, Francisco Fumega, falounos un pouco máis sobre esta sesión.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ás mocións, inclúense dúas de Espazo Común en relación á situación do Punto Limpo e da Galiña Azul, e outra do BNG, para a ampliación das instalacións deportivas.