O Círculo Podemos O Carballiño insta á Xunta de Galicia a compatibilizar a RISGA co Ingreso Mínimo Vital.

– Manuel Nogueira declara que “A Xunta tivo un ano para facer compatible a RISGA co Ingreso Mínimo Vital e agora a súa incompetencia pon en risco a dúas mil familias vulnerables en Galicia”

O Círculo Podemos de O Carballiño vai rexistrar un requirimento para instar á Xunta de Galicia a facer compatible a RISGA e o Ingreso Mínimo Vital e que paralice así a reclamación da devolución desta axuda a dúas mil familias no país que durante as últimas semanas recibiron as cartas para o reintegro da mesma.

AVANTAR ACTIVIDADES

O primeiro que sinala o voceiro de Podemos de O Carballiño, Manuel Nogueira, é que “a Xunta tivo un ano para facer compatible a RISGA co Ingreso Mínimo Vital e agora a súa incompetencia pon en risco a dúas mil familias vulnerables en Galicia”, e continúa dicindo que respecto a este tema “ Feijóo preferiu confrontar co Goberno Central antes que garantir que as familias galegas que o precisasen puideran percibir as dúas rendas, algo que si fixeron en outras comunidades como Pais Vasco, Aragón, Canarias ou Navarra”.

Podemos pide o acordo da corporación de O Carballiño, porque considera que a reclamación da Xunta pon en risco extremo a economía xa precaria destas familias que, nalgúns casos, terán que recorrer ao propio Concello. Sinalan ademais que “se non poden integrar os cartos reclamados, perderán o acceso a outras axudas, como poden ser as relativas aos gastos de comedores escolares ou contra os desafiuzamentos”.

Nogueira cita que a Xunta ten no artigo 42.2 da Lei 10/2013 que regula a RISGA un mecanismo para condonar e compensar as cantidades percibidas cando estas sexan produto de causas non imputables ás persoas beneficiarias, como é este o caso e tamén recorda que a formación que encabeza aposta pola creación dunha “renda social municipal” como unha ferramenta fundamental para a protección das familias en situación de vulnerabilidade en O Carballiño

MOCIÓN

REQUIRIMENTO PARA SOLICITAR A MODIFICACIÓN DECRETO

14/2019, DE DESENVOLVEMENTO DA LEI 10/2013, DO 27 DE NOVEMBRO, DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA PARA COMPATIBILIZAR O COBRO DA RISGA CO INGRESO MÍNIMO VITAL.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Estes días estamos a ver como  máis de 2000 galegas están a recibir unha carta remitida pola Xunta de Galicia solicitando o reingreso dos importes da RISGA percibidos dende que se solicitara o IMV. Algunhas de estas persoas acumulan ata 8 meses de cobros de dita axuda, o que suporía unha devolución de 3.720 €.

O motivo de esta solicitude de reintegros ás galegas que perciben a RISGA  (ás que agora se lle aproba o IMV) por parte da Xunta de Galicia é a incompatibilidade da RISGA con calquera outro tipo de prestación tal como ben recollido no artigo 6.4 da  Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia   e no artigo 16 do DECRETO 14/2019,   do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.

A renda de inclusión social de Galicia (RISGA) é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a alcanzar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral. Con igual intención naceu o Ingreso Mínimo Vital (IMV) unha axuda ou prestación que ten o obxectivo de evitar e previr o risco de pobreza ou exclusión social de quen vive sós ou, convivindo coa súa familia, ninguén dispón de recursos económicos básicos para atender o máis elemental: alimentación, facturas, etc.

O IMV ben regulado polo RD-Lei 20/2020 e o mesmo é compatible con calquera outro tipo de axuda sempre que non se superen os umbrais económicos fixados para poder percibilo.

Queda claro pois que o que se debe modificar para poder facer compatibles ditas axudas é a lexislación autonómica, como xa fixeron outras Comunidades Autónomas coma o Pais Vasco, Aragón, Canarias ou Navarra.

A Xunta de Galicia tivo case un ano para poder modificar a súa Lei de Inclusión Social e dar collida legal a esta incompatibilidade e evitar esta situación que é abusiva para as persoas vulnerables solicitando o reingreso das cantidades xa percibidas cando dende a propia Xunta de Galicia anunciaban que non habería problemas á hora de pasar de percibir unha prestación á outra.

Non podemos pasar por alto que as persoas que non poidan facer fronte á devolución das cantidades solicitadas pola Xunta de Galicia contraeran unha débeda coa facenda pública impedíndolles solicitar calquera axuda as administracións como podería ser outra prestación, comedor escolar ou calquera medida de desafiuzamento. Isto supón unha dobre lesividade para as persoas vulnerables pois non van poder acceder a ditas axudas.

Asemade, dita normativa autonómica debería ser mellorada para cumprir escrupulosamente cos criterios recollidos no Decreto 99/2012 polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e a súa financiación (modificado polo Decreto 228/2014) de acordo aos seus artigos 40, 50, 51 e ao anexo IV de dito decreto no tocante á relación de ditos servizos e a súa financiación nos concellos.

A Xunta de Galicia a través da súa normativa autonómica segue a manter as persoas preceptoras de este tipo de servizos e de axudas no umbral da pobreza ao seguir usando o  75% do IPREM como referente económico para a percepción de ditas axudas, cando debería elevar ese mínimo ao 100% do IPREM e incrementar ese 100% ata o 127% para casos de cargas familiares ou ata o 140% cando hai menores a cargo (actualmente a RISGA mínima é de 423,68 € )

A posición da Xunta de Galicia ao respecto de todo isto é gravosa, pois no tocante de anunciar modificar a norma que incompatibiliza a percepción da RISGA con calquera outra prestación o anuncio que fai é de unha moratoria de pago de 30 meses as persoas afectadas para que devolvan os importes que se lles solicita.

De feito de haber vontade política por parte do Goberno da Xunta de Galicia, este podería condonar esas cantidades percibidas durante este tempo. A Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia  no seu artigo 42.2 recolle un mecanismo para poder condonar e/ou compensar as cantidades percibidas cando estas sexan produto de causas no imputables ás persoas beneficiarias. E en este caso as causas é a falta de entendemento e coordinación por parte da administración autonómica con respecto á administración estatal.

En base ao exposto, dende o Círculo de Podemos de O Carballiño propoñemos a que o pleno de esta

Corporación local aprobe os seguintes

ACORDOS:

1.   Que o Concello de O Carballiño se dirixa á Xunta de Galicia e lle solicite a modificación da

Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia  e do Decreto 14/2019, do

31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social para que a RISGA sexa compatible coa percepción de calquera outra prestación sempre dentro dos criterios establecidos para a percepción das mesmas;

2.   Que o Concello de O Carballiño se dirixa á Xunta de Galicia e lle solicite a aplicación do artigo 42.2   da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia aos expedientes das solicitudes das persoas que se lles está a solicitar a devolución dos importes da RISGA percibidos dende que se solicitara o IMV;

3.   Que o Concello de O Carballiño se dirixa á Xunta de Galicia solicitando que use o 100% do IPREM para calcular a contía mínima de percepción das distintas prestacións autonómicas (axudas de Inclusión Social, RISGA, pensións non contributivas,…) por parte da Consellería de Política Social. Máis concretamente no caso da RISGA que se incremente o límite máximo ata o 127% para casos de cargas familiares e do 140% cando haxa menores a cargo;

4.   Que este Concello vele polo cumprimento dos criterios recollidos no Decreto 99/2012, polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e a súa financiación (modificado polo Decreto 228/2014) no tocante as competencias e financiación dos servizos que lle son competencias propias;