Cultura apoiará iniciativas do Concello de Leiro vencelladas ao patrimonio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde do municipio de Leiro, Francisco José Fernández, para coñecer de primeira man as necesidades do concello nas áreas da súa competencia.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así, na reunión, o representante da Xunta interesouse por cuestións relacionadas coa posta en valor do patrimonio, con accións de dinamización da cultura ou con propostas para o impulso da lingua galega. Deste xeito, continúa co seu achegamento ás administracións locais para abrir vías de colaboración que contribúan ao avance nestas materias.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------