Sanidade remata a vacinación en primeira liña e residencias, salvo en dúas da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois de finalizar a vacinación dos grupos prioritarios e en canto se reciban as doses necesarias, a Xunta prevé comezar en Galicia co seguinte grupo, os maiores de 80 anos, a mediados deste mes. O que era ata a pasada semana Ministro de Sanidade poñía a data para este grupo  no mes de marzo. O presidente da Xunta afirmou que, se chegasen as vacinas suficientes, en oito ou dez  semanas estaría vacinada toda a poboación galega.

A segunda ronda de vacinación do persoal sanitario iniciarase mañá en Ourense. O total de doses administradas é de 16.119, entre residencias e persoal de primeira liña. As residencias de maiores están inmunizadas na súa totalidade a excepción de dúas: As Burgas, en A Valenzá, xa que iniciou a súa actividade como residencia a pasada semana, tendo ata ese momento só actividade ocupacional e o centro Quercus de Leiro, con 117 persoas sen vacinar a causa do brote ó que están facendo fronte.

COMERCIAL ORCELLÓN
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------