O ‘Entroido de verán’ animou as rúas e prazas do Carballiño nesta fin de semana

Coincidindo coa primeira xornada de feira do mes de Xullo, O Carballiño acolleu o Entroido de Verán cun novo modelo respecto a outras edicións. A celebración trasladouse este ano aos os locais de hostalería, onde a xente disfrazada pudo desfrutar dun pincho de balde coa consumición, mentres as charangas Doutor Anchoa e Castro Bello percorrían as rúas da vila. O animado evento contou con ducias de disfraces e rematou pola noite cunha discoteca móbil na Praza Maior.

Un destes entroidos era o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, no seu mítico papel de Elton John.

AVANTAR ACTIVIDADES