O’Potiños prepara as exposicións do Arenteiro Fotográfico, que comeza esta semana

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A asociación O’Potiños prepara todo para o comezo do Arenteiro Fotográfico. Hoxe estivemos co seu presidente na colocación dunha das exposicións nas escaleiras da Casa do Concello e mañá e pasado colocaranse as restantes.

O acto inaugural terá lugar o domingo, 11 de outubro no Auditorio Municipal Manuel María, en vez de na Casa da Cultura, co obxectivo de poder ampliar o aforo. Na xornada inaugural, que comezará ás 19,00 h., presentarase o catálogo de exposicións, cunha proxección das mesmas; redenrase homenaxe ao fotógrafo carballiñés Moncho Fuentes e inaugurarase unha mostra na sala de exposicións do auditorio cunha selección de fotografías súas sobre as xentes do Carballiño nos anos 90.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os locais nos que se exhibirán estas exposicións son: Concello, Auditorio Municipal, Casino, Rúa Principal, Café Peñasco, Café Plaza, Pazo da Almuzara, Hotel Arenteiro e Asador Veracruz.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------