Presas propón mobilizar vivendas en desuso de ADIF en Ribadavia para ampliar o parque público de vivenda

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG defende facilitar a cesión dos inmobles ferroviarios, actualmente sen uso, para recuperalos e destinalos a aluguer social e accesíbel

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Presas reivindica que esta proposta do BNG é o exemplo dunha das medidas que permitirían dar resposta á emerxencia habitacional existente

Ourense, 16 novembro 2026. A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, defende mobilizar as vivendas en desuso propiedade de ADIF para incorporalas ao parque de vivenda pública e contribuír a aliviar a crise habitacional. A organización nacionalista considera que o Goberno do Estado “debe facilitar a cesión destes inmóbeis rehabilitados e destinalos a aluguer social e accesíbel”.

“En plena crise habitacional non podemos permitir que existen vivendas de titularidade pública baleiras e sen uso mentres hai persoas e familias que teñen enormes dificultades para acceder a un fogar. Temos que aproveitar todos os recursos dispoñíbeis para ampliar a oferta de vivenda” reivindica Presas.

A cabeza de lista do BNG por Ourense considera que esta medida permitiría actuar con maior rapidez e aproveitar o patrimonio público xa existente, evitando que os inmobles que poderían cumprir unha función social continúen abandonados e sen uso.

A proposta concreta das vivendas da estación de Ribadavia

“O caso de Ribadavia exemplifica perfectamente o que propoñemos: poñer o patrimonio público ao servizo das necesidades reais da xente. Queremos que estas vivendas poidan ter unha nova vida e que sirvan para facilitar o acceso a un fogar a persoas que hoxe teñen dificultades para atopalo” afirma Presas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Do punto de vista da cabeza de lista do BNG, ADIF e o resto de entidades e organismos do Estado “tamén deben contribuír a paliar a crise de vivenda que existe na actualidade”. Neste sentido, o BNG empregará o seu escano por Ourense para que se identifiquen, rehabiliten e transfiran todos os activos que ADIF ten en desuso -como as vivendas sitas en Ribadavia- para incorporalos ao parque público de vivenda e destinalos a aluguer social e asumíbel.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------