O Consello Regulador do Ribeiro quere comercializar viño a través de internet

O CONSELLO REGULADOR DO RIBEIRO DESEÑA UNHA ESTRATEXIA PARA POTENCIAR A COMERCIALIZACIÓN DO VIÑO A TRAVÉS DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS

As adegas inscritas no Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro contarán nos vindeiros días con ferramentas que lles permitirán potenciar a comercialización on line dos seus produtos. Así o anunciou Juan Manuel Casares, presidente do CRDO Ribeiro. Por unha banda, deseñarse unha campaña de branding a través das redes sociais se porá en marcha en xuño; e pola outra, deseñouse unha landing page, que xa está en funcionamento, e dentro da web do consello regulador na que as adegas teñen un espazo de venta directa dos seus produtos. Inclúense os enlaces directos as adegas do Ribeiro onde o consumidor pode comprar directamente os seus viños. Tamén hai nesta paxina un apartado co directorio de adegas que non vendan na rede.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Esta acción deriva das conclusións do “Estudio socioeconómico e Estratéxico do CRDO Ribeiro”, no que se establecía a fenda dixital coma unha das debilidades da Denominación de Orixe Ribeiro.