A Policía Local do Carballiño destaca un Fin de Ano “tranquilo”

Despios desta fin de semana de Fin de Ano, acudimos a falar ca Policía Local do Carballiño para facer un repaso sobre como foron estas datas en canto a incidencias. As autoridades califican este Nadal como “tranquilo”, xa que un dos focos onde podía
producirse un descontrol, o ocio nocturno, decidiu na súa totalidade pechar e acollerse ás axudas da Xunta de Galicia. O único destacable foi o desaloxo dun local de hostalaría que
pasaba da hora do peche á 01;00 horas.

En canto ós domicilios, a Policía Local acudiu a dez chamadas, que se saldaron sen incidentes. Polo xeral, aseguran que foi unha noite sen inicdencias. En canto ó toque de “non queda”, que prohibía as reunións de non convivintes na rúa entre as 03:00 horas e as 06:00 horas, a xente cumpriu a norma. En resume xeral, as datas de Nadal foron tranquilas. A Policía destaca a detención por roubo dunha persoa, que xa estaba
facendo traballos comunitarios por outros delitos.

AVANTAR ACTIVIDADES