240 empresas solicitaron as axudas pola Covid-19 no Carballiño. O prazo remata o día 15

O Concello do Carballiño continúa co proceso de recepción de solicitudes das axudas a empresas e autónomos do Carballiño cuxo negocio permanecera pechado ao público ou detivese a súa actividade durante o estado de alarma.

Estas axudas están destinadas a financiar diferentes gastos de alugueiro do local comercial, transición cara ao comercio en liña ou optimización do existente e gastos derivados do cumprimento das especificacións de peche de actividade como gastos sanitarios e de desinfección e Gastos de asesoramento, xestoría, consultaría, ou servizos profesionais especializados

AVANTAR ACTIVIDADES

A día de hoxe recibíronse 240 solicitudes, das cales o 30 % pertencen ao sector do comercio, o 40 % ao sector da hostalería, o 20 % a traballadores autónomos e o 10 % a outros sectores económicos.

Dende Espazo Común reseñan que para dar estas axudas, o Concello esixe que o pagamento dos alugueres se faga a través de conta bancaria e aseguran que non son poucos os empresarios que empregan outros métodos igual de válidos e oficiais. Estes empresarios, segundo a formación, veríanse obrigados a quedar fora das axudas.

A esta petición, o alcalde, Paco Fumega, respondeu asegurando que o procedemento solicitado é moi sinxelo e que o 90% das solicitudes non teñen problemas co rexistro bancario dos datos.