A Biblioteca Nós acolle a exposición dos traballos de fin de curso do alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participou na inauguración desta mostra e parabenizou o traballo que se desenvolve neste centro, “activo  desde hai 132 anos, sendo unha das escolas destas características máis antigas de Galicia”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta mostra amósase unha selección dos traballos realizados polo alumnado das diferentes disciplinas que se ensinan na Escola: Debuxo, Pintura, Talla en Madeira, Modelado de Barro e Olería

A Biblioteca Nós acolleu esta tarde a inauguración da exposición dos traballos realizados polo alumnado das diferentes disciplinas que se ensinan na Escola de Artes e Oficios da Deputación: Debuxo, Pintura, Talla en Madeira, Modelado de Barro e Olería. Comeza así unha nova andaina deste centro, “activo desde hai 132 anos, sendo unha das escolas destas características máis antigas de Galicia”, explicou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, durante o acto de inauguración.A inspiración na creación e desenvolvemento da Escola de Artes e Oficios, en 1892, foi tomada do movemento británico “Arts&Crafts” de William Morris (1834-1896) na segunda metade do século XIX.Pouco mais dun século despois, nos tempos de tecnoloxía dixital, incluída a intelixencia artificial, que pese a que exercen un desapego da creación manual, “na Escola de Artes e Oficios esta disciplina segue a manter o seu pulo, co notable crecemento do número de matriculados, albiscando así un futuro esperanzador para as artes e os oficios manuais na nosa provincia”, explica o seu director, Francisco González Bouzán.No que atinxe á exposición inaugurada hoxe, cada obra pertence a diferentes fases do proceso de aprendizaxe, dende alumnos de primeiro ano ata veteranos con anos de práctica. O academicismo mestúrase cunha visión vangardista poñendo en valor o desempeño técnico e estético dos oficios, pero sen esquecer a función expresiva e comunicativa intrínseca nas artes plásticas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------