ASPADISI adxudica as obras para a creación dunha residencia sobre o Centro Ocupacional

Hoxe tivo lugar a mesa de contratación para a adxudicación da obra de creación dunha residencia no Centro Ocupacional Aspadisi do Carballiño. Foron seis empresas as que se
presentaron a esta oferta, que unha vez adxudicada suporá unha obra con preto de 15 meses de duración. Unha vez que o proxecto está redactado, o paso más importante é a financiación, para a que animan a todo aquel que poida a colaborar.

Cunha media de 40 anos entre os usuarios do centro ocupacional, a directiva e tamén as familias dos usuarios urxen o proxecto de creación desta residencia, que os acollerá a ambos no momento no que o precisen, podendo convivir xuntos. A obra consistirá na creación dunha nova planta superior, que contará con 16 habitación dobres para un total de 32 prazas. A vantaxe deste proxecto é que nas instalacións xa contan con elementos coma a
cociña.

AVANTAR ACTIVIDADES