Comezou a executarse o proxecto de mellora das rúas Pico Seco, Volante e Pena Grande, na parroquia de Arcos e tamén deron comezo as obras de asfaltado de tres rúas na zona norte da parroquia de Arcos. Trátase do asfaltado en quente das rúas Pico Seco, Volante e Pena Grande.
O importe deste proxecto é de 100.000 euros, que se sufragan con fondos da Deputación Provincial de Ourense e do concello do Carballiño.
Así mesmo, o departamento de obras do concello prosigue coa elaboración do proxecto para o acondicionamento das rúas Castelao, Cea e Piñor, tamén na parroquia de Arcos, que podería ascender a preto de 200.000 euros.
Tamén está previsto realizar o acondicionamento das rúas Buenos Aires e Serra da Martiñá, na zona dos Catro Camiños, e para o cal redactaranse os proxectos correspondentes en breve.
Dentro do plan de mellora de infraestruturas no casco urbano e no rural do municipio do Carballiño rematouse hai unhas semanas o acondicionamento de oito rúas na zona residencial. Trátase das rúas Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón. O investimento foi de 112.000 euros, que son sufragados integramente con fondos do concello.