Comezan as Festas do San Cibrao. Esta será a programación

As festas patronais do San Cibrao chegan ao Carballiño esta fin de semana cos seus días grandes. Mañá sábado será día de feira con charangas e pasarrúas. Pola noite, gran tirada de fogos e a orquestra Status e o grupo The Tetas Van. O domingo, dende as 10:00 horas haberá unha concentración de coches clásicos na rúa Principal, logo saíran en ruta ata Oseira e voltarán para facer un xantar no parque.

A partir das 11:30 horas, misa solemne e procesión, ca agrupación musical da Limia e a Coral do Casino. E pola noite, as orquestras Nueva Fuerza e Panorama. O luns será tamén día festivo no Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sábado 16
10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE
11:00 MÚSICA GALEGA NA FEIRA
11:30 PASARRUAS AGRUPACION MUSICAL DE BOBORAS
12:30 CONCERTO AGRUPACION MUSICAL DE BOBORAS ( Praza Juan Corral)
18:00 CHARANGA CLK
19:30 PARTIDO C.D. ARENTEIRO- C.D. IRÚN
21:00 A 22:30 1º PASE ORQUESTRA STATUS (Praza Maior)
00:00 GRAN TIRADA DE “FOGO FIXO E VOADOR” (Parque Municipal)
00:30 CONCERTO THE TETAS’ VAN ( Rúa Calvo Sotelo)
02:00 a 03:30 2º PASE ORQUESTRA STATUS

Domingo 17
10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE
10:00 1ª CONCENTRACIÓN DE COCHES ANTIGOS (Rúa Principal)
11:30 MISA SOLEMNE NA HONRA DE SAN CIBRAO
Participan:
AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA
CORAL POLIFÓNICA DO CASINO
13:00 CONCERTO AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA ( Asilo do Carballiño)
20:00 a 22:00 1º PASE ORQUESTRA NUEVA FUERZA (Praza Maior)
23:00 a 01:00 1º PASE ORQUESTRA PANORAMA ( Veracruz)
01:00 A 02:00 2º PASE ORQUESTRA NUEVA FUERZA
02:00 A 03:00 2º PASE ORQUESTRA PANORAMA

Luns 18
11:30 OLIMPIADAS CO DJ.TIBU (Praza Maior)
Xogos populares :
Tira da corda
Pita cega
Xogo da Ferradura
Xogo da silla
Carreira de sacos
19.30 a 22:30 Tarde de baile ORQUESTRA RITMO JOVEN ( Praza Maior)