Detención de 4 veciños de Maside por delito de danos ocorridos durante a última folga xeral

A garda civil de Carballiño no marco da operación Molinillo, procedeu á detención de catro veciños de Maside de 43, 35, 40 e 42 anos de idade, como presuntos autores de delito de danos ocorridos durante a última folga xeral nunha empresa sita no Polígono da Uceira en Carballino, dedicada á fabricación de torres de enerxia eólica. A empresa valora os danos en 138.500 euros. Os detidos foron postos en liberdade tras tomar declaración. Xulgado nº 1 de carballiño