A CEO inaugura unha mostra de arte floral

Un total de trece florarías de Ourense e provincia foron as artífices da decoración floral que desde esta mañá loce no edificio da CEO. Os profesionais deste gremio desenvolveron un curso durante o fin de semana co fin de aprender as últimas tendencias en decoración de espazos, e de paso engalanar o edificio histórico que alberga a sede empresarial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta mañá levaba a cabo a presentación do resultado nunha inauguración que contou con todos os alumnos e o presidente da asociación á cabeza, Jesús de Deus, a docente Mª Jesús Miranda, e representantes das institucións que dunha ou outra forma colaboraron para levar a cabo esta iniciativa: Marisol Novoa e Beatriz Gómez da parte empresarial como responsables da CEO e a Federación de Comercio, e María del Mar Fernández e Luz Doporto representando á concellaría de Comercio no primeiro caso e á Deputación a titular de Igualdade, que acudía en substitución de Rosendo Fernández o vicepresidente da entidade.