O Psdeg-Psoe de Ourense convoca con carácter de urxencia unha reunión extraordinaria da comisión executiva provincial

As e os socialistas analizarán a situación política derivada do comunicado de onte do presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e aprobarán unha comunicación ao respecto da situación

Ourense, 25 de abril de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de convocar con carácter de urxencia unha reunión extraordinaria da Comisión Executiva Provincial (CEP) para esta tarde ás 19:30 horas na sede do partido, co obxectivo de analizar a situación política derivada do comunicado realizado na tarde de onte polo presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez Pérez-Castejón.

AVANTAR ACTIVIDADES

As e os socialistas analizarán a actual situación coa finalidade de denunciar o lamazal no que se está convertendo a política española polas prácticas das dereitas. Na reunión da Comisión Executiva Provincial aprobarase un comunicado da CEP en relación á “Carta á Cidadanía” difundida onte polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que se fará pública no día de mañá.