Ribadavia adica un mural ás irmás Touza no Día Internacional da Muller

Guillermo Touza, modesto propietario medianeira, alcaldesa Noelia, Concelleira xuventude Cristina, Juan Pablo artista.

Presentacion do mural adicado ás mulleres, a través da representacion das irmans Touza, mulleres fortes, valentes e loitadoras que son sinal de identidade de Ribadavia e representan a todas as mulleres do Ribeiro. No mural, Lola, a doente, a que sinte o sufrimento e a preocupacion. Amparo representa a proteccion, a serenidade.
Julia, a xuventude, a rebeldia. Julia levanta un arame de espiñas dando paso á liberdade das persoas. Amparo acompaña a lola, e Lola esta sentada cun ramo de frores de toxo, e mirada melancolica pola situacion. As bolboretas brancas, simbolo da transformacion, sinonimo de resiliencia e perseverancia.

No acto estivo presente a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rguez, e as concelleiras de xuventude e cultura. Con este mural queremos conseguir dar protagonismo ás mulleres que merecen en calquera dos sectores aos que pertencen, a alcaldesa quixo facer unha emotiva homenaxe lembrando a todas as mulleres que loitaron contra unha doenza e que deixaron pegada nas nosas vidas, na vida de Ribadavia e nos nosos corazons. Tamen con este mural pretendese apagar o feismo das medianeiras a través do arte urbano que esta moi en voga. A alcaldesa de Ribadavia, agradeceu ao propietario do edificio a cesión da medianeira, e convidou aos netos e sobriños das irmáns Touza, que estiveron presentes no acto.

AVANTAR ACTIVIDADES