O Arenteiro volta ao camiño dos triunfos no Espiñedo arrasando a un débil Real Unión de Irún (3-0)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nunha tarde soleada e cun ambiente cálido nas gradas de Espiñedo, que sería máis frío a partir do solpor, Club Deportivo Arenteiro amosaba o pasado sábado o seu excelente xogo de ataque ante o Real Unión Club de Irún para rematar cun contundente 3-0, que supoñía un novo punto de inflexión tras tres derrotas consecutivas no grupo 1ª da Primeira Federación. Neste encontro, o derradeiro do ano no estadio municipal do Carballiño, o primeiro gol xa chegaba aos 10 minutos do inicio, cando un centro de Jordan que foi cabeceado por un defensa visitante caíalle a David Ferreiro, que cun forte zurdazo metía o balón pola escadra do mete Wright (1-0). Vinte minutos máis tarde, caía o 2-0, cun pase de Ferreiro para Pascu, que batía ao porteiro británico cun tiro raso.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na segunda parte, os verdes mantiveron o seu ritmo de ataque, con disparos de Martín Solar, Berardozzi e Jordan Sánchez, nos primeiros 15 minutos, se ben non lograron o seu obxectivo. Ata o minuto 57, cunha xogada entre Diego Gómez e Jordan, que éste centra e aproveita Berardozzi para facer o definitivo 3-0. Sen outra novidade que a entrada no campo dos ex xogadores do Arenteiro Joseca e Eimil polo Real Unión, que recibiron unha ovación da bancada de Espiñedo.

Na comparecencia ante os medios de comunicación tra-lo partido, o adestrador do Arenteiro, Raúl Jardiel, no ocultaba a súa satisfacción polo resultado, se ben valoraba a continuidade na actitude de traballo do equipo respecto de anteriores encontros, nos que tamén houbo creación de oportunidades de gol que, nesta ocasión, sí se materializaron. O equipo verde sube agora ata 6ª praza da táboa clasificatoria, con 26 puntos, e, na seguinte xornada, a 18ª, porá o punto final á competición neste ano, cando viaxará o vindeiro domingo ata terras de Castela-León para enfrontarse, dende as 19,30 horas, ao Zamora, que ocupa o posto 13º na clasificación, tras perder 1-0 co Nàstic de Tarragona.