O concello de Ribadavia renova a colaboración ca asociación Solidaridade Interxeneracional para levar a cabo programas de envellecemento activ6

IES CHAMOSO LAMAS

A asociación Solidaridade Interxeneracional e o Concello de Ribadavia renovan a súa colaboración para o desenvolvemento de actividades de envellemento activo, prevención e sensibilización cara as persoas maiores.

As actividades estarán dirixidas a poboación maior e a familiares que realizan atención  a persoas maiores e/ou dependentes e tamén a poboación en xeral.

HIPER MASIDE

Representantes do Concello de Ribadavia e da asociación “solidaridad intergeneracional” mantiveron unha reunión de colaboración entre ambas entidades onde entre outros abordaronse o seguintes temas:

Análise da colaboración actual cun programa de acompañamento a persoas maiores (visitas e chamadas telefónicas a 3 persoas maiores) e programa de fisioterapia (2 persoas).

Tamén se colaborará na información acerca da adaptación de vivendas con recomendacións sobre, habitabilidade, barreiras arquitectónicas, sostenibilidade e eficiencia enerxética.

Realizaranse cursos de formación e xornadas para coidadores/as e para a poboación en xeral en setembro e outubro.

Dende mediados de outubro ata mediados de novembro e dentro dos “Talleres de Memoria e Animación Social” que organiza o Concello, tamén se levará a cabo unha colaboración onde se realizarán xornadas de xerontoximnasia, psicoloxía, saúde e alimentación.