O BNG pide respostas sobre a mina de litio de Beariz

Esta moción foi presentada simultáneamente en todas as zonas afectadas pola mina, que son Bearíz, Avión, Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Lama. O proxecto prevé a extracción de minerais estratéxicos para o desenvolvemento do sector tecnolóxico. Segundo a portavoz do BNG do Carballiño, Sofía García, este proxecto tería consecuencias graves para as zonas habitadas que o rodean e tamén para o ámbito medioambiental. A empresa xa ten permiso de explotación e dende ese momento foron numerosos os colectivos que amosaron o seu rexeitamento. O BNG considera que hai falla de transparencia en canto ás consecuencias.

Publicidade

Acompañando a Sofía estivo o deputado provincial Bernardo Varela, asegurando que a propia Confederación Hodrigráfica presentaba hai un ano un documento desfavorable en canto ós residuos que acabarían nas augas. O Instituto Xeolóxico Mineiro de España tamén pedía a avaliación medioambiental deste proxecto antes de que se puxera en marcha.