Ourense controla a evolución dos novos contaxios e libera a UCI de pacientes

A comunidade galega rexistra hoxe 157 contaxios novos, unha cifra que se as. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.673, unha cifra que ascende en preto de 100 persoas con respecto a onte. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (-2) están en UCI, 44 (+4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso leve. A provincia rexistra hoxe 16 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 2 persoas con respecto ó venres, ata os 168 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación presenta pouca variación. Contamos con 5 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES