Jorge Juan Pérez Gallego será o novo párroco do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

O Obispado de Ourense confirma, através da acta asinada con data do 14 de agosto, o que será o novo equipo sacerdotal depois de que o actual párroco, José Benito Sieiro, anunciara que se xubila despois de 28 anos exercendo no Carballiño. Este equipo está integrado por tres sacerdotes, liderados como moderador por Jorge Juan Pérez Gallego, Francisco López Gómez e Emmanuel Cipriano Álvarez Lara. A Unidade de Atención Parroquial á que pertencen está constituída polas parroquias de San Cipriano do Carballiño, San Roque de Señorín e Santiago de Partovia.

NOMEAMENTO

HIPER MASIDE

Entre as áreas de traballo que constitúen a súa labor están as actividades de culto e oración, a área de catequesis, a pastoral xuvenil, a pastoral da familia, a xestión dos grupos apostólicos seglares, a pastoral vocacional e a pastoral da saúde, ca anteción ós enfermos.