A Xunta amplía a 4,7 millóns de euros as axudas o ocio nocturno polo peche de Fin de Ano

Young african DJ man mixing music at club outdoor while wearing safety face mask for coronavirus outbreak

A Xunta de Galicia ampliará ata os 4,7 millóns de euros as axudas extraordinarias dirixidas aos titulares dos negocios de lecer nocturno que optaron por pechar os seus establecementos o pasado fin de ano, co obxecto de poder atender todas as peticións que cumpran cos requisitos.  

Teñen dereito a acceder a estas axudas directas as empresas do ocio nocturno que comunicaran previamente á Xunta a súa decisión de suspender a súa actividade entre as 00.00 horas do día 31 de decembro de 2021 e as 03.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022.

AVANTAR ACTIVIDADES

As axudas acordadas acadan contías que varían en función da superficie dos establecementos: 2.500 euros se teñen de menos de 100 metros cadrados; 5.500 euros para os que teñan entre 100 a 250 metros cadrados; 9.000 euros para os de 250 a 500 metros; 14.000 nos que conten cunha superficie entre 500 e 700 metros; 27.000 euros naqueles que teñan de 700 a 2.000 metros; e un total de 45.000 euros para os grandes establecementos, con máis de 2.000 metros cadrados.