O Concello de Leiro continua coas obras do barrio de Carrís e a rúa Casanova

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, indica que nos últimos tres anos realizaronse importantes obras no concello para humanizar e actualizar varias rúas, o que supuso un investimento de ao redor de 700.000 euros. Importe sufragado en ocasións a través de subvencións da Xunta de Galicia e outras da Deputación de Ouense, ademais de recursos propios municipais.

VIDEO

O concello ten previsto continuar cos traballos de mellora no barrio de Carrís. Este proyecto completará a pavimentación con recollida de augas pluviais, instalación de nova iluminación e beirarúas.

Publicidade Premer na Imaxe

Asemade, darase comezo da terceira fase de obras na rúa Casanova así coma outras obras de pavimentación en Gomariz e en Vieite.