Festas do San Cibrao 2021, un repaso pola actividade relixiosa e cultural

Esta fin de semana, o Carballiño celebrou as súas festas patronais do San Cibrao. O pasado venres, día festivo local e día grande das festas, a xornada comezou ca procesión na honra de San Cibrao, que logo de que o pasado ano non se puidese celebrar. A imaxe do santo saíu do templo da Veracruz e seguiu o percorrido tradicional, pasando polas principais rúas do Carballiño. Estivo presidida polo alcalde do Carballiño, membros da corporación e membros dos grupos da oposición e liderada polo párroco, Don Jorge Juan. Estivo animada pola banda de música Terras do Arenteiro.

Publicidade

Posteriormente procedeuse á misa solemne na honra de San Cibrao, no templo da Veracruz, cantada polo Orfeón do Carballiño.

O pasado venres houbo actuacións musicais, a cargo de La Oca Band, no entorno da Veracruz, seguindo o protocolo sanitario no que o público permanece sentado en cadeiras.

O sábado pola mañá, contamos ca actuación da banda de música de Barro. E pola tarde, a actuación musical dos Coribantes, que congregou a un gran número de persoas, sempre cumprindo as medidas de seguridade.

E xa o domingo, actuación de Jorge Ferre, ex cantante da orquestra Panorama. A pesar de que aínda non se puideron celebrar como adoita O Carballiño, a programación cultural foi abundante durante estas festas.