A Ruta do Pozo dos Fumes, en Pazos de Arenteiro, quedará pechada ata o xoves por mantemento

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Boborás informa que a Ruta do Pozos dos Fumes, en Pazos de Arenteiro, queda pechada durante 3 días dende hoxe luns por labores de mantemento da mesma.

Esta ruta de senderismo é unha das máis transitadas da comarca e pero nas últimas semanas son miles as persoas que frecuentan a mesma, polo que é preciso a revisión e reparación das pasarelas de madeira existentes co fin de garantir a seguridade dos nosos visitantes.

HIPER MASIDE

Así desta maneira, os traballos consistirán en reforzo das vigas, cambio de taboas deterioradas e corta de árbores.