Publicadas as bases para a selección do persoal do proxecto Obradoiro “Os Arrieiros” promovido por Cea, Piñor e Irixo

O BOP de hoxe sábado publica as bases que rexirán a selección do persoal do proxecto Obradoiro “Os Arrieiros”promovido por Cea, Piñor e Irixo.

Acceso ao BOP ( Premer na Imaxe )

AVANTAR ACTIVIDADES

Por acordo da Xunta de Goberno Local, con data 25 de novembro de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo, docente e de apoio, do proxecto Obradoiro Dual de Emprego denominado “Os Arrieiros”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Irixo. Clase de persoal: laboral temporal. Duración: 9 meses.

Prazas convocadas: director, persoal administrativo e persoal docente. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do Concello de San Cristovo de Cea en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Irixo.