Piñor: protocolo hixiénico-sanitario para o programa “Diververán 2020”

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do programa de actividades infantís PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”, destinado a fomentar a conciliación laboral e familiar.

Como xa é habitual, dende o Concello de Piñor pretendemos contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas lúdico-educativas ós cativos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar cos iguais e á vez aprender. Estas actividades están integradas dentro do proxecto PIÑOR CONCILIA, que persegue ofrecer servizos de conciliación ás familias durante os períodos de vacacións escolares.

SPORTUR GALICIA 2022

O PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN” consiste en actividades diarias dende o 6 de xullo ó 4 de setembro, de luns a venres de 10:00h a 13:00h, onde os cativos de entre 4 e 13 anos de idade poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados. O lugar onde se desenvolverá esta iniciativa será o Centro Social.

Como novidade, por mor do COVID19, haberá unhas normas de obrigado cumprimento para familias e menores, así como un desenvolvemento das actividades marcado polo carácter preventivo e polo cumprimento das medidas sanitarias establecidas. Asemade, polos mesmos motivos, este ano haberá prazas limitadas, o que permitirá o desenvolvemento do proxecto dun modo máis seguro.

O período de inscrición abrirase o vindeiro 25 de xuño, e rematará o 2 de xullo. Toda a documentación para o proceso será facilitada nos Servizos Sociais.

PROTOCOLO HIXIÉNICO-SANITARIO SOBRE COVID19: DIVERVERÁN 2020

NORMAS XERAIS CAMPAMENTO (COVID-19)

1. Colocaranse dispensadores de xel hidroalcohólico na estrada e saída do recinto, para manter a maior hixiene posible, facendo uso deles tanto na chegada/saída como despois de calquera actividade.

2. Manterase unha distancia mínima de seguridade de 1,5 metros entre cada participante naquelas actividades que o permitan, ou, no seu defecto farase uso de máscara como medida de protección física.*

3. As actividades deberán realizarse en grupos como máximo de 15 persoas participantes, máis os monitores/as correspondentes. (Se existen máis de 1 grupo non poderán manter contacto entre eles)*.

*(Dog, sábado 13 de xuño de 2020)

En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran.

NORMAS ESPECÍFICAS PARA PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”

  • A empresa que imparte as actividades fará entrega a cada neno/a dunha gorra e unha mascarilla de tela.
  • É obrigatorio acudir con mascarilla en bó estado. Nas actividades que se poda manter a distancia de 1,5m os cativos poderán retirala.
  • Contarase con 2 monitores, e establécese como 20 o número máximo de participantes. No caso de que o número de solicitudes sexa maior, establécense os seguintes criterios de selección, nesta mesma orde:
  • Ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM 2019 (3.495,96€ ó mes), ou un 15% máis no caso de familias monoparentais ou numerosas, sendo 4.020,35€)
  • Familia monoparental.
  • Que ambos proxenitores traballen actualmente
  • Familias numerosas.
  • Tódolos proxenitores dos menores participantes deben asinar a “Declaración responsable sobre COVID19 para familias” así como o resto de documentación facilitada polos Servizos Sociais do Concello de Piñor.
  • O Concello de Piñor poñerá a disposición dos participantes mascarillas deshechables, que se facilitarán ós menores soamente en situación de imprevisto puntual.
  • Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.
  • Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos.
  • Deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De ter algún síntoma vinculado ó COVID19 prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as medidas oportunas e non deberían levar ós seus fillos/as ás actividades.
  • Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados no marco das recomendacións publicadas polas autoridades sanitarias.
  • As familias deberán cumprir en todo momento as recomendacións sanitarias.  Debemos ter moita precaución, posto que os contactos que teñan os menores fóra do horario do campamento, de forma individual, van a repercutir no grupo. Co cal, pregamos responsabilidade e precaución.

NORMAS MONITORES/AS DE CAMPAMENTO

1. Todos os monitores/as deberán chegar con 15 minutos de antelación ao lugar

de traballo para:

  • Revisar que a instalación estea en boas condicións e non haxa ningunha incidencia que poida prexudicar o bo funcionamento do campamento. (No caso de habela avisarán ao responsable/concello/coordinadora, pertinente).
  • Preparar as actividades que correspondan a xornada de traballo diaria.

2. Os monitores/as recibirán aos menores, organizando a chegada de un en un (coidando de que cada participante use o xel hidroalcohólico e que traia mascarilla) para poder comezar coas actividades.

3. Todos os días se pasará a pertinente lista no campamento correspondente.

4. Todos/as monitores/as estarán pendentes cando chegue á hora de finalización da xornada de campamento, onde só se permitirá a recollida ás persoas autorizadas no documento da inscrición.