Ángel Soldevilla e Luis Vecino presentan “Vendidos”, un novo proxecto creativo

Presentación de "Gran Fondo Trevinca Starlight".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da proba deportiva "Gran Fondo Trevinca Starlight", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o director deportivo do evento, David Álvarez.

Presentación de “Gran Fondo Trevinca Starlight”.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da proba deportiva “Gran Fondo Trevinca Starlight”, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o director deportivo do evento, David Álvarez.

Os artistas Ángel Soldevilla e Luis Vecino xúntanse nun novo proxecto creativo vencellado ao uso das novas tecnoloxías, “Vendidos”, composto por montaxes dixitais e creacións de videoxogos que invitarán aos espectadores a reflexionar sobre algún dos problemas do século XXI. A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel”, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do centro cultural, Francisco González; e os dous artistas.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Vendidos”, que se poderá visitar ata o día 3 de maio, encaixa na liña que desenvolve o centro cultural “Marcos Valcárcel” dentro da Deputación de Ourense de “ofrecer un lugar preferente a aqueles traballos que se crean ou se producen na nosa provincia”, afirmou Francisco González. Neste mesmo sentido, Rosendo Fernández dixo que os traballos que compoñen este novo proxecto creativo “invitan a reflexionar sobre a sociedade actual, pois cada unha das pezas aquí expostas abordan o modelo de vida que levamos”.

A mostra está dividida, por un lado, están expostos “os traballos impresos sobre lona e os traballos de videocreación de Ángel e, por outro lado, están os traballos tratados dixitalmente sobre papel de Luis, pero ambos están vencellados ao uso das novas tecnoloxías como elemento de expresión plástica”, sinalou o director do centro cultural.

Pola súa parte, Ángel Soldevilla explicou que o que fan é “unha revisión do cotián e empregamos formatos actuais para mostrar a sociedade na que estamos”. Así mesmo, Luis Vecino salientou que “o máis extraordinario que hai é o presente” afirmando que “Vendidos”, que ven a ser a continuación da mostra “Diálogos”, aborda o tema do cotián.