O PARTIDO POPULAR AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN ANTE O RETRASO NAS AXUDAS A AUTÓNOMOS E PEQUENAS EMPRESAS COMPROMETIDAS POLO CONCELLO PARA ESTE ANO.
AS AXUDAS COMPROMETIDAS DEBERÍAN ESTAR APROBADAS ANTES DO DÍA 15 DE NOVEMBRO, E A DÍA DE HOXE AÍNDA NON SE ABRIU O PRAZO PARA QUE OS BENEFICIARIOS POIDESEN PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN.
TAMÉN INSTAMOS A QUE O GRUPO DE GOBERNO RECAPACITE E DE MARCHA ATRÁS A SUBA DE TASAS E IMPOSTOS APROBADA CO VOTO EN CONTRA DA OPOSICIÓN NO DERRADEIRO PLENO.
O día 12 de maio de este ano chegouse a un acordo entre todos os grupos políticos que forman o Concello do Carballiño, permitindo liberar fondos para axudar as pequenas empresas e autónomos da nosa vila afectados pola pandemia, acordando tamén que se darían esas axudas en dúas fases neste mesmo ano.
O día 30 de ese mesmo mes o Grupo de Goberno anunciou que xa tiña “practicamente ultimadas” as bases que permitirían conceder as primeiras desas axudas, pero non foi hasta o día 30 de agosto cando as presentou o Pleno. O certo e que tivo que retiralas e aprobalas o día seguinte en Xunta de Goberno porque as bases propostas facían practicamente imposible a súa concesión neste ano.
Tras a publicación das bases no BOP, o que aconteceu o día 2 de setembro, a día de hoxe nin sequera está aberto o prazo para que os posibles beneficiarios presenten a documentación para a concesión das axudas, o que fai moi difícil que poidan estar aprobadas antes de fin de ano, o que obrigaría a retrasalas hasta a aprobación dun novo orzamento, ou sexa, probablemente hasta o mes de marzo ou Abril. A isto compre engadir que as bases redactadas polo grupo de goberno deixaron fora das axudas a case 200 autónomos e pequenas empresas que sí as recibiran da Deputación, xa polo mes de maio de este ano.
É claro que a situación dos nosos autónomos e pequenas empresas esixen a máxima axilidade na concesión das axudas, e mais cando acabamos de recibir a mala noticia do peche de todas as actividades non esenciais na nosa vila, incluíndo con elo a toda a hostalaría.
Por iso plantexamos o grupo de goberno as seguintes preguntas:
– ¿Cando van comezar os pagos das axudas os nosos autónomos e pequenas empresas?
– ¿Que acontecería se as axudas non están aprobadas antes de fin de ano? ¿Afectaría o orzamento do próximo ano?
– ¿Vanse sacar neste ano a segunda fase das axudas que se habían comprometido?
– ¿Vanse tomar en consideración outro tipo de medidas que beneficien a autónomos e pequenas empresas?
– ¿O grupo de goberno vai rectificar e tomar en consideración as propostas da oposición, en canto ás medidas que beneficien aos veciños, autónomos e pequenas empresas, como a de non aplicar a suba do 10% no imposto do IBI e bonificación do 95% para locais de autónomos e pequenas empresas afectadas por peches, así como a exención do pago das terrazas, rebaixa da taxa do lixo, etc… ?