O Ribeiro, a Denominación que recibe o maior ouro nos Premios Baco colleita 2022

A D.O. Ribeiro continúa coa súa colección de galardóns premiando a súa gran calidade. Nesta ocasión, o concurso de viños Premios Baco concedeu un total de 13 medallas aos viños da última colleita, 2022, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Cinco Bacchi Grandes de Ouro, seis Bacchi de Ouro e dous Bacchi de Prata.

Os viños Canción de Elisa, Vilerma, Divino Rei, Catro Parroquias Treixadura e Terra Minei recibiron o Gran Baco de Ouro, feito que fai que a D.O. Ribeiro no que máis premios deste tipo conseguiu en toda España. Así mesmo, o viño Canción de Elisa foi seleccionado como Mellor Viño Branco do Certame, distinción que recibe tras obter a máxima puntuación de todos os viños brancos catados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, concederon o Baco de Ouro a referencias vitivinícolas: Manuel Rojo, Sameirás, Colección 68, Son de Arrieiro, Mónica Albor “Mencía, Sousón, tinto Caíño” e Ramón do Casar Nobre. Por último, os viños Cunqueiro III Milenium e Gotas de Mar Godello Barrica recibiron o premio Baco de Plata.

Os premios Grand Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Plata son concedidos polos cincuenta xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que valoraron todos os viños participantes en cata a cegas rigorosas. Medallas de indiscutible valor promocional para os mellores viños novos de España.