Seguen baixando os casos covid no Carballiño: 2 menos ca onte para un total de 32

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 32 contaxiados ( 3 menos ca onte ) e un índice por 100000 habitantes de 120

Publicidade

O Carballiño ten 23 casos activos ( 2 menos ca onte ) e un índice por 100000 habitantes de 163

Todos os concellos da comarca estan nun nivel de restrición Medio-Baixo. Esto implica as seguintes restricións:

Limitación: 6 persoas no interior e dez no exterior .Entre as 3.00 e as 6.00 soamente conviventes.

Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 75% e Terrazas: 100%.

Lecer nocturno: permitido interior ao 50% e terrazas ao 100%. Peche ás 03.00 horas.

GRÁFICO EVOLUCIÓN do covid no Carballiño de xuño a setembro

Beariz ten 0 casos activos

Boborás ten 3 casos activos

O Irixo ten 0 casos activos

Maside ten 1 casos activos

Piñor ten 2 casos activos

Punxín ten 1 casos activos

San Amaro ten 0 casos activos

Cea ten 2 casos activos