Ribadavia fará melloras en parques infantís

As principais actuacións serán no Parque do CRA de San Paio e no dos Xardinillos.

O goberno presenta no Pleno de novembro unha modificación orzamentaria de máis de 60 mil euros, a última do ano, a través do reaxuste de varias partidas para reforzar accións de cara o final do ano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Destaca a partida de 18.000 euros para realizar melloras nos parques infantís do CRA (colexio rural agrupado) de San Paio, algunha mellora puntual no de Francelos, e arranxos no parque dos Xardinillos de Ribadavia.

Ademais, esta modificación servirá para reforzar os seguintes servizos e accións:

– Servizo de Xantar na Casa. 5.000

– Melloras nas condicións laborais das Traballadoras de Atención no Fogar. 4.000.

– Colaboración coa Asociación de Santo André para a rede veciñal de auga.

– Reforzo das actividades de Nadal e Comercio, cunha partida de 7.000 euros para actividades de Nadal e Bono Comercio.

– Ademais de outras partidas como por exemplo, realizar un convenio coa Federación Galega de Atletismo, ou facer fronte a varias anualidades da Asociación Camiño Miñoto, na que o noso concello é membro.

Desde o Concello consideran que esta modificación é moi importante para realizar moitas demandas presentadas desde varias asociacións veciñais, así como de servizos municipais tan importantes como axuda no fogar e xantar na casa.

A mellora dos parques foi algo demandado tanto desde a dirección do colexio como tamén por parte da ANPA do CRA, sendo unha mellora que estaba pendente de consignar diñeiro suficiente para realizar melloras urxentes.

Algo semellante sucede co parque dos Xardinillos, un dos máis usados do municipio.

Despois de reaxustar varias partidas, o goberno conseguiu recursos para facer fronte a estas melloras, demostrando ademais un diálogo permanente coa sociedade civil e as súas demandas.

A intención do goberno é ir facendo melloras en todos os parques do Concello, e así creará unha partida propia nos Orzamentos 2022, algo moi demandado polos veciños do municipio.