Publicados no Dog os estatutos da Mancomunidade do Carballiño-Maside.

ORDE do 3 de xaneiro de 2023 pola que se dispón a publicación no Diario Oficial

de Galicia dos estatutos da Mancomunidade do Carballiño-Maside.

AVANTAR ACTIVIDADES

O artigo 135 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, recoñéce- lles aos concellos de Galicia o dereito a asociarse en mancomunidades para a execución ou prestación, en común, de obras, servizos e actividades da súa competencia.

O procedemento para a constitución e aprobación dos estatutos dunha mancomunidade está recollido no artigo 44 da Lei 7/1985, do 2 abril, reguladora das bases de réxime local, e nos artigos 137 a 141 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. En cumprimento do disposto nos citados preceptos, o presidente da Comisión Xestora da Mancomunidade remitiulle á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a documentación relativa á súa constitución e aprobación dos seus estatutos.

Examinada a documentación, considérase que a tramitación da aprobación estatutaria

seguiu o procedemento legalmente previsto para tal fin.

En síntese, para a adopción do acordo de constitución desta mancomunidade observou- se a seguinte tramitación:

  • Os concellos do Carballiño e Maside acordaron nos seus respectivos plenos do 2 de xullo de 2021 e do 9 de abril de 2021, e pola maioría cualificada exixida pola lei, a iniciativa de constitución dunha mancomunidade.
  • Cumpríronse todos os trámites establecidos nos artigos 138 e 139 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración local de Galicia, relativos ao proxecto de estatutos, isto é, información pública durante o prazo dun mes no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 80, do 7 abril de 2022, e no taboleiro de edictos dos concellos, informe da Direc- ción Xeral de Administración local e informe da Deputación Provincial de Ourense.
  • Os plenos das entidades locais integrantes da Mancomunidade (O Carballiño e Ma- side) aprobaron os estatutos e nomearon representantes con data 6 de outubro de 2022. Logo desta aprobación, o presidente da Comisión Xestora remitiulles, con data de entrada

nesta consellería, o 24 de outubro de 2022, á Dirección Xeral de Administración local certi- ficados dos acordos dos concellos do Carballiño e de Maside de aprobación definitiva dos estatutos para a súa íntegra publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • O contido dos estatutos cumpre cos requisitos sinalados no artigo 142 da Lei 5/1997, do 22 de xullo.

Segundo o antedito e de conformidade co disposto no artigo 141 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración local de Galicia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo único

A publicación dos estatutos da Mancomunidade do Carballiño-Maside no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 141 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, que se recollen como anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

Diego Calvo Pouso Vicepresidente segundo e conselleiro de

Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Estatutos da Mancomunidade do Carballiño-Maside

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e nos artigos 138 a 141 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Adminis- tración local de Galicia, os municipios do Carballiño e de Maside constitúense voluntaria- mente en mancomunidade, con personalidade xurídica propia e capacidade para o cum- primento dos seus fins, que se determinan nos presentes estatutos, e constutúen os seus termos municipais o ámbito territorial da entidade.

Artigo 2.    Relación de partícipes

A súa denominación é a de Mancomunidade do Carballiño-Maside.

Son membros de pleno dereito da Mancomunidade as entidades locais aquí represen- tadas: o Concello do Carballiño, como titular das instalacións para o aproveitamento dun caudal de auga para o servizo municipal de abastecemento á súa poboación, e o Concello de Maside, como titular do dereito a dispor dun volume de auga anual para abastecemento á súa poboación.

Artigo 3.    Obxecto

O obxecto ou o fin da Mancomunidade é a obtención da concesión administrativa polo organismo de bacía para o aproveitamento de auga no río Arenteiro, en cumprimento do artigo 89 do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

Para a consecución do dito fin, a Mancomunidade terá plena competencia e os acordos e resolucións que adopten os seus órganos de goberno obrigarán tanto aos concellos aso- ciados do Carballiño e Maside como as persoas físicas ou xurídicas ás cales puider afectar.

A actuación para o desenvolvemento deste fin poderá levarse a cabo segundo calquera

das formas previstas no ordenamento xurídico vixente.

Nos casos en que a prestación dos servizos así o requira, a Xunta da Mancomunidade

aprobará o correspondente regulamento, en que se recolla a súa normativa específica.

Artigo 4.    Descrición dos puntos de toma

Un aproveitamento de 99,18 l/s de auga para derivar do río Arenteiro, no lugar da Granxa (San Xoán de Seoane de Arcos), no termo municipal do Carballiño, con destino ao servizo de abastecemento á poboación dos termos municipais do Carballiño e Maside.

Un aproveitamento de 7,04 l/s de auga para derivar do río Barbantiño, no encoro do río Barbantiño (San Miguel de Armeses), no termo municipal de Maside, con destino ao servi- zo de abastecemento á poboación do termo municipal de Maside.

Artigo 5.    Descrición dos puntos de toma da compra en alta do Carballiño

O Concello de Maside captará a auga tratada a partires dos contadores de subminis- tración de auga en alta, situados na actualidade na Granxa, Santián e Lovada, ou dos que nun futuro acorden ambos os dous concellos.

As tres tomas, que se describen a continuación, reciben a auga do depósito de Mouriz (San Xoán de Seoane de Arcos):

  1. Toma da Granxa-San Xoán de Seoane de Arcos (contador na Granxa).
  • Toma de Señorín-San Roque de Señorín (contador en Santián-Santa María de Ama- rante).
  • Toma de Montegrande-Santiago de Partovia (contador en Lovada-San Martiño do Lago).

Artigo 6.    Descrición do escenario actual

A media anual nos tres últimos anos da auga captada no río Arenteiro (A Granxa-San Xoán de Seoane de Arcos), ascende a un total de 2.157.724 m3/ano, dos cales 1.857.640 m3/ano (212,06 m3/h) corresponden ao Carballiño (o que supón un peso na captación total do 86,09 %) e 300.084 m3/ano (34,26 m3/h) a Maside (o que supón un peso na captación total do 13,91 %).

O dito volume de auga deberá ser entregado ao Concello de Maside, totalmente tra- tado, potabilizado e co cumprimento de todos os parámetros reflectidos polo Real decre- to 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano, a partires dos puntos de toma que se especifican no artigo 5 ou dos que nun futuro acorden ambos os dous concellos.

Se existe dispoñibilidade de recurso suficiente no río Arenteiro e no río Barbantiño, o Concello de Maside reserva para si o dereito de satisfacer a súa demanda real de auga a través de ambas as dúas captacións en función das súas necesidades.

Se non existe dispoñibilidade de recurso suficiente no río Arenteiro pero existe no río Barbantiño, o Concello de Maside captará o máximo caudal autorizado no río Barbantiño e o aproveitamento restante no río Arenteiro.

Se non existe dispoñibilidade de recurso suficiente no río Barbantiño pero existe no río

Arenteiro, o Concello de Maside captará a totalidade do seu aproveitamento no río Arenteiro.

Se non existe dispoñibilidade de recurso suficiente no río Arenteiro nin no río Barbanti- ño, o Concello de Maside repartirá o seu aproveitamento de xeito proporcional entre ambas as dúas captacións en función das necesidades ou demandas reais de ambos os dous termos municipais.

Artigo 7.    Descrición do novo escenario

No parágrafo b) do punto 6 do apéndice 8 (Dotacións de recursos segundo usos. Apén- dices á normativa. Disposicións normativas do Plan hidrolóxico da parte española da de- marcación hidrográfica do Miño-Sil. Anexo III. Plan hidrolóxico da parte española da demar- cación hidrográfica do Miño-Sil (2015-2021), relativo a usos industriais (excluídos os usos industriais para a produción de enerxía eléctrica), establécese a dotación unitaria máxima bruta para a atención de polígonos industriais de 12.000 m3/ha/ano. Este valor inclúe todas as necesidades complementarias do polígono industrial, tales como zonas axardinadas, servizos de limpeza e outras.

CAPÍTULO II

Dos órganos de goberno e administración, do seu funcionamento e réxime xurídico

Artigo 8

Os órganos de goberno e administración situaranse na localidade do Carballiño (Ou- rense). Con todo, mediante acordo da Xunta da Mancomunidade, adoptado co quórum de maioría absoluta, poderá establecerse a sede da Mancomunidade no outro concello integrante dela.

Artigo 9

  1. Os órganos de goberno da Mancomunidade serán: o/a presidente/a, o/a vicepresidente/a, a Xunta da Mancomunidade e a Comisión Executiva.
  1. Presidente/a: o/a presidente/a da Mancomunidade será elixido/a entre os membros da Xunta da Mancomunidade pola propia Xunta, mediante acordo adoptado pola maioría absoluta dos seus membros, na sesión extraordinaria de constitución da Xunta da Man- comunidade. Para iso constituirase unha Mesa de Idade, composta polos/as alcaldes/as e

estará presidida polo/a de maior idade, asistidos polo/a secretario/a da Mancomunidade. Poden optar ao cargo todos/as os/as vogais que presenten a súa candidatura. Se algún/ha deles/as obtén a maioría absoluta dos votos dos/das vogais, será proclamado/a electo/a.

Se ningún/ha candidato/a obtén a maioría absoluta do número legal de membros na primeira votación, realizarase unha segunda, na cal resultará elixido/a presidente/a o/a candidato/a que obteña a maioría simple dos votos emitidos. Se na segunda votación tam- pouco resultase elixido ningún/ha candidato/a suspenderase a sesión e convocarase au- tomaticamente unha nova asemblea ás vinte e catro horas seguintes, onde se procederá do mesmo modo.

A duración do mandato coincidirá co da Xunta da Mancomunidade e co das corporacións locais, polo que permanecerá en funcións desde a convocatoria de eleccións municipais ata a constitución da nova xunta, salvo substitución por algunha das causas establecidas na lexislación local.

  • Vicepresidente/a: o/a vicepresidente/a da Mancomunidade será elixido/a entre os membros da Xunta da Mancomunidade, na mesma sesión extraordinaria e tamén median- te acordo adoptado por maioría absoluta, e arbitrarase a mesma fórmula empregada para a elección do/da presidente/a.
  • Vogais: serán vogais todos os demais membros da Xunta da Mancomunidade.
  • Xunta da Mancomunidade: a Xunta da Mancomunidade estará formada por catorce membros, que serán os/as dous/dúas alcaldes/as dos concellos mancomunados –ou con- celleiros/as nos/nas cales deleguen– ademais de seis concelleiros/as nomeados/as polo Concello do Carballiño e seis concelleiros/as nomeados/as polo Concello de Maside, en acordos plenarios, onde serán elixidos nunha única votación. Cada concelleiro/a votará por un só candidato.

Na elección por cada pleno dos seus seis representantes na Xunta da Mancomunidade, deberase dar cumprimento ao principio de proporcionalidade respecto á representación dos seus distintos grupos municipais e ao pluralismo político existente en cada corporación local.

Co fin de trasladar o pluralismo municipal á estrutura mancomunada, todo grupo político con representación municipal en cada corporación local terá como mínimo un/unha repre- sentante na Xunta da Mancomunidade e serán designados/as os/as restantes polos res-

pectivos plenos. Para garantir que se faga de xeito proporcional, en caso de empate será elixido/a o/a candidato/a do grupo político con maior representatividade no seu concello.

Poderán ser candidatos todos/as os/as concelleiros/as da corporación respectiva.

Correspóndenlle á Xunta da Mancomunidade as atribucións reguladas expresamente nos presentes estatutos e aqueloutras que a lexislación de réxime local lle atribúe ao Pleno municipal.

A Xunta da Mancomunidade pode delegar o exercicio das súas atribucións no/na presidente/a e na Comisión Executiva, excepto as que teñen carácter indelegable, nos termos regulados na lexislación de réxime local para o Pleno dos concellos.

A Xunta da Mancomunidade estará integrada polo/a presidente/a, o/a vicepresidente/a e os/as vogais, que serán todos os demais membros da Xunta da Mancomunidade.

  • Comisión Executiva: a Comisión Executiva estará presidida polo/a presidente/a da Mancomunidade e integrada polo/a vicepresidente/a e polos/as dous/dúas alcaldes/as (ou concelleiros delegados) dos concellos que integran a Mancomunidade.
  • A Xunta da Mancomunidade poderá acordar a creación das comisións informativas que se consideren precisas que correspondan por materias ou polos servizos que se xestio- nen. É competencia destas comisións o informe preceptivo dos asuntos que deba coñecer a Xunta da Mancomunidade, así como o seguimento da xestión polo/a presidente/a e polo vicepresidente/a. Estarán constituídas polo/a presidente/a, o/a vicepresidente/a e os/as vo- gais que designe a Xunta da Mancomunidade e regularanse establecido nos respectivos acordos de creación e, supletoriamente, polo disposto na lexislación de réxime local.
  • Os membros electivos da Xunta da Mancomunidade cesarán nos seus cargos cando cesen os que motivaron a súa elección como membros dela. Con todo, os membros cesan- tes continuarán as súas funcións soamente para a administración ordinaria ata a toma de posesión dos seus sucesores.

Artigo 10

  1. Do/da presidente/a: o/a presidente/a da Mancomunidade exerce a súa representa- ción e correspóndelle a convocatoria e presidencia das sesións da Xunta da Mancomuni- dade e da Comisión Executiva, a superior dirección, inspección e impulso dos servizos, obras e xestións que leven a cabo, exercendo as facultades de carácter económico, san-

cionador e todas aquelas que a lexislación de réxime local asigna ao/á alcalde/sa e, de ser necesario, que lle delegue expresamente a Xunta da Mancomunidade.

O/a presidente/a pode delegar as súas atribucións, salvo as mencionadas no artigo 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nos termos, alcance e contido que para o/a alcalde/sa se establecen na lexislación de réxime local.

O/a vicepresidente/a substituirá o/a presidente/a, na totalidade das súas funcións, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este/a para o exercicio das súas atribucións, e desempeñará as funcións do/da presidente/a no suposto de vacan- te ata a toma de posesión do/da novo/a presidente/a.

  • Da Comisión Executiva: de carácter activo e, en canto ao seu funcionamento, será asimilable ao que para a Xunta de Goberno establece a lexislación de réxime local. É atri- bución propia da Comisión Executiva a asistencia permanente ao/á presidente/a no exerci- cio das súas atribucións. Así mesmo, a Comisión Executiva exercerá as atribucións que lle delegue o/a presidente/a ou a Xunta da Mancomunidade. O réxime das delegacións do/da presidente/a e da Xunta na Comisión Executiva rexerase polo disposto nos artigos 43, 44 e 51 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e demais lexislación de réxime local que lle sexa de aplicación.

Artigo 11.    Do persoal. Secretaría, intervención e tesouraría

As funcións de secretaría, intervención e tesouraría, serán desempeñadas mediante calquera das formas previstas no ordenamento xurídico, atendida a clasificación do posto de secretaría ou, de ser o caso, a exención declarada de mantelas. Todo iso segundo o establecido na normativa sobre provisión de funcionarios con habilitación de carácter nacional.

Artigo 12.    Constitución e réxime de sesións

A. A Xunta da Mancomunidade constituirase en sesión pública, convocada con catro días hábiles de antelación polo/a presidente/a en funcións, dentro dos dous meses seguin- tes aos da data de constitución das corporacións locais que integran a Mancomunidade. No caso de que o/a presidente/a da Mancomunidade, presidente/a en funcións ata a cons- titución da Xunta da Mancomunidade que resulte da constitución das corporacións locais que a integran, non resulte electo/a como membro destas, a presidencia en funcións da

Mancomunidade do Carballiño-Maside será asumida polo/a alcalde/sa electo/a de maior idade de entre os/as alcaldes/as dos concellos integrantes da Mancomunidade.

As sesións da Xunta da Mancomunidade poderán ser:

  1. Ordinarias.
  • Extraordinarias.
  • Extraordinarias de carácter urxente.

A periodicidade das sesións ordinarias será establecida pola Xunta da Mancomunidade en sesión extraordinaria, que convocará o/a presidente/a dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva da Xunta da Mancomunidade.

Terá lugar sesión extraordinaria, nalgunha das modalidades indicadas, cando así o de- cida o/a presidente/a ou o solicite a cuarta parte dos membros que compoñen a Xunta da Mancomunidade.

A. A Comisión Executiva realizará sesión constitutiva, por convocatoria do/da presidente/a, dentro dos dez días seguintes á constitución da Xunta da Mancomunidade.

As sesións da Comisión Executiva poderán ser:

  1. Ordinarias.
  • Extraordinarias.
  • Extraordinarias de carácter urxente.

A periodicidade das sesións ordinarias será fixada na sesión de constitución da Comi- sión Executiva.

As sesións extraordinarias e urxentes terán lugar cando con este carácter sexan convo- cadas polo/a presidente/a.

Artigo 13

En consideración a que as convocatorias deberán enviarse aos alcaldes/as dos con- cellos integrantes da Mancomunidade para que estes/as, pola súa vez, as fagan chegar

aos/ás concelleiros/as membros da Xunta, as convocatorias ordinarias ou extraordinarias, salvo as de carácter urxente, deberán estar en posesión dos membros da Xunta da Man- comunidade polo menos con catro días hábiles de antelación á data da súa realización.

As convocatorias da Comisión Executiva efectuaranse con dous días hábiles de ante- lación.

A Xunta da Mancomunidade constitúese validamente coa asistencia dun terzo do núme- ro legal dos seus membros.

Para a válida constitución da Comisión Executiva requírese a asistencia da maioría ab- soluta dos seus compoñentes.

En todo caso, en ambos os dous órganos se require a asistencia do/da presidente/a e do/da secretario/a da Mancomunidade ou dos seus substitutos/as legais.

A Xunta da Mancomunidade, logo de acordo, poderá realizar sesións específicas en calquera das dúas casas dos concellos dos municipios que compoñen a Mancomunidade, sempre que se xustifique debidamente esta excepción.

No caso de estimarse necesario, a Xunta poderá requirir a presenza dun/dunha repre- sentante da empresa xestora do servizo municipal de augas do Concello do Carballiño, que será convocado/a coa antelación prevista nos estatutos.

Artigo 14.    Adopción de acordos

O réxime para a adopción de acordos da Xunta da Mancomunidade e da Comisión Exe- cutiva será o mesmo que, establece a normativa de réxime local, para o Pleno e Comisión de Goberno dos concellos en xeral.

A adopción de acordos producirase mediante votación ordinaria, salvo que a propia Xunta da Mancomunidade acorde, para un caso concreto, a votación nominal ou secreta, se foren procedentes.

Os acordos, con carácter xeral, adoptaranse por maioría simple dos membros presen- tes, salvo que se trate de materias que sexan competencia da Mancomunidade que requi- ran unha maioría especial. Nese caso será necesario o quórum que se exixe no artigo 47.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. En caso de votacións

con resultado de empate, efectuarase unha nova votación e, de persistir o devandito em- pate, decidirá o voto de calidade do/da presidente/a.

Artigo 15

O/a secretario/a da Mancomunidade levantará acta de todas e cada unha das sesións que realicen a Xunta da Mancomunidade e a Comisión Executiva, e levará, baixo a súa responsabilidade, libros de actas independentes para as sesións da Xunta da Mancomuni- dade e da Comisión Executiva, nos termos establecidos na normativa vixente.

Artigo 16

Os acordos da Xunta da Mancomunidade e da Comisión Executiva (cando actúe por delegación) e as resolucións do/da presidente/a esgotarán a vía administrativa e todos os recursos ou reclamacións que poidan formularse contra eles deberán suxeitarse ao réxime xurídico aplicable ás entidades de réxime local.

CAPÍTULO III

Fins da mancomunidade, competencias e formas de xestión

Artigo 17

Os fins da Mancomunidade que se establecen son os que se indican a continuación:

  • Xestión para a execución –ou futura ampliación das existentes– das obras de instala- cións de redes xerais compartidas para o abastecemento e tratamento de auga potable e saneamento e depuración de augas residuais.
  • Executar, así mesmo, directamente –ou xestionar a execución polos medios que se consideren máis adecuados– a instalación das redes xerais secundarias ata os contadores de subministración de auga en alta que nun futuro acorden os concellos integrantes ou as ampliacións das existentes que poidan ser precisas para conseguir, en todo caso, un total funcionamento destes servizos de abastecemento de auga.
  • En todo caso, o coidado, mantemento e explotación das respectivas redes municipais de abastecemento de auga potable exclusivo á poboación de cada termo municipal non serán competencia da Mancomunidade.
  • Prestación dos servizos de saneamento e tratamento da vertedura de natureza urbana ou asimilable a urbana, dos núcleos de poboación de Corzos, A Fontela e Fonteboa (Santa María de Amarante-Maside) e de natureza non urbana (industrial, co desenvolvemento futuro da ampliación do parque empresarial) conxuntas na EDAR dos Carrás, situada en Partovia (Santiago de Partovia-O Carballiño) aos concellos integrantes da Mancomunidade que os precisen e soliciten, segundo as fórmulas que acorde a Xunta da Mancomunidade. O Concello do Carballiño, como receptor das ditas verteduras, repercutirá ao Concello de Maside o custo resultante da depuración das súas verteduras na EDAR dos Carrás. O pre- zo será actualizado anualmente segundo o IPC e será revisado cada cinco anos ou sempre que existan circunstancias extraordinarias que incidan ou poidan incidir no dito custo.
  • Calquera outro que acorde a Xunta da Mancomunidade, por maioría absoluta, dentro das finalidades que correspondan ás entidades locais, logo de expediente de modificación dos estatutos.

Artigo 18. Aspectos relacionados coa xestión, explotación, conservación e distribu- ción de gastos e responsabilidade administrativa

O Concello do Carballiño repercutiralle ao Concello de Maside un custo fixo derivado da utilización das instalacións, que será actualizado anualmente segundo o IPC e revisable cada cinco anos, e un custo unitario por metro cúbico en alta, actualizado segundo os mes- mos criterios ou cando existan circunstancias extraordinarias que incidan ou poidan incidir no dito custo. Estes custos serán aplicables tanto ao servizo de abastecemento de auga potable coma ao de saneamento.

O Concello do Carballiño repercutiralle ao Concello de Maside o custo das obras, me- lloras ou calquera investimento necesario nas instalacións de captación, tratamento, pota- bilización, distribución e almacenamento de auga potable (ou calquera outra, se así for), procedente do río Arenteiro ata os contadores de subministración de auga en alta situados na actualidade na Granxa, Santián e Lovada, ou dos que nun futuro acorden os concellos integrantes. Para o cálculo dos custos tomarase como referencia, en calquera caso, a media dos tres anos anteriores á data de aprobación dos ditos investimentos. Os citados custos serán aplicables ao servizo de abastecemento de auga potable ou de saneamento, segundo proceda.

O Concello do Carballiño e o Concello de Maside terán que facer fronte aos custos deri- vados de calquera tipo de actuación na xestión, operación, mantemento, calidade analítica ou contratación de calquera actividade das instalacións de captación, tratamento, pota-

bilización, distribución e almacenamento de auga potable (ou calquera outra, se así for), procedente do río Arenteiro.

O Concello de Maside asumirá o custo real por metro cúbico de auga consumida e o custo unitario por metro cúbico de auga residual tratada que así acordan ambos os dous concellos, a partir dos contadores de subministración de auga en alta situados na actualida- de na Granxa, Santián e Lovada, ou dos que nun futuro acorden os concellos integrantes.

Os concellos integrantes establecerán unha tarifa en función do custo das infraestrutu- ras existentes, que será incrementado anualmente segundo o IPC e que será revisada no caso de renovación ou ampliación das instalacións actuais, incremento dos custos fixos ou variables da xestión, ou calquera outra circunstancia extraordinaria que afecte ou poida afectar aos ditos prezos.

Artigo 19. Continuidade do servizo de abastecemento de auga ao Concello de Ma- side

Dado que a concesión do Concello de Maside se utiliza para o abastecemento de auga á poboación, debe garantirse unha subministración continua de auga potabilizada a tra- vés das tomas especificadas no artigo 4, e calquera diminución do caudal por un período acumulado superior a oito horas ao día deberá ser comunicada de maneira fidedigna ao Concello de Maside para que adopte as medidas oportunas.

Artigo 20

A adscrición aos distintos servizos e actuacións de abastecemento e saneamento que se desenvolvan desde a Mancomunidade será obrigatoria para cada concello. Os acordos da Mancomunidade, relativos ao establecemento e desenvolvemento dos seus fins, serán ratificados polos concellos integrantes.

Artigo 21

A execución das obras para o mantemento, a mellora ou a ampliación das referidas ins- talacións ou prestación dos servizos poderá levalos a cabo a Mancomunidade por contra- tación, administración, arrendamento, concesión ou calquera outra das formas de xestión das admitidas pola lexislación vixente. En todo caso, a titularidade e xestión das instala- cións recae sobre o seu titular, o Concello do Carballiño, en particular, a empresa xestora do servizo municipal de augas do Concello do Carballiño.

CAPÍTULO IV

Dos recursos económicos e o seu réxime

Artigo 22

Para realizar os seus fins, a Mancomunidade poderá contar cos seguintes recursos:

  1. O capital inicial que acheguen os concellos mancomunados, se así se acordase.
  • As cantidades que deba poporcionan cada un dos concellos, segundo acorde a Xun- ta da Mancomunidade, tendo en conta a medida en que afecten a cada un dos concellos.
  • Os ingresos que poidan obterse do patrimonio da Mancomunidade, de ser o caso.
  • Subvencións e outros ingresos de dereito público.
  • Taxas ou prezos pola prestación de servizos ou realización de actividades da súa competencia, conforme as ordenanzas que se aproben, se for procedentes.
  • Contribucións especiais para a execución de obras, ampliación ou avance de servizos no/s concello/s que estivese/n abranguido/s.
  • Os recursos procedentes de operacións de crédito.
  • Todos aqueloutros recursos permitidos pola lexislación vixente ás entidades locais.

Artigo 23

O réxime das achegas municipais a que se refire a letra b) do artigo anterior será o se- guinte:

  • Os gastos xerais de funcionamento (persoal, administración, etc.) repartiranse a par- tes iguais entre os concellos integrantes da Mancomunidade.
  • Para cubrir os gastos dos servizos que especificamente atinxan aos dous concellos que queden establecidos, segundo os oportunos acordos da Xunta da Mancomunidade, terase en conta, nos casos de subministración de auga, o consumo que cada concello ocasione, segundo as medicións que resulten procedentes. Noutra orde, establecerase unha cota para cada un deles, que virá determinada polo resultado de multiplicar o módulo

que acorde a Xunta da Mancomunidade polo número de habitantes de cada concello ou

calquera outro que fixe a dita xunta.

  • Nas achegas que, así mesmo, correspondan a cada concello especificamente para obras, prestación de servizos e realización de programas que lle afecten de forma directa e, en todo caso, na proporción que acorde a Xunta da Mancomunidade, teranse en conta todas as circunstancias que concorran en cada un dos concellos.
  • Os concellos da Mancomunidade están obrigados a aceptar e facerse cargo dos gas- tos e demais delegacións que deriven dos acordos adoptados, co voto favorable dos seus representantes.
  • Para facer fronte a posibles gastos extraordinarios, a Xunta da Mancomunidade acor- dará, por maioría absoluta, a cantidade que lle corresponda a cada un dos concellos abran- guidos, tendo en conta o número de habitantes de cada un deles ou as circunstancias que especificamente poidan afectarlle.
  • A determinación da porcentaxe e o cálculo das contribucións de cada concello deben

ser aprobados por maioría cualificada pola Xunta da Mancomunidade.

Artigo 24

O patrimonio da Mancomunidade estará constituído por toda clase de bens, dereitos e accións que lexitimamente se adquiran ou se acheguen, ben no momento da súa constitu- ción ou con posterioridade a ela.

Para o debido control das súas existencias, formarase un inventario de bens, de acordo co establecido na lexislación de bens das entidades locais.

A participación de cada concello no devandito inventario virá determinada polas cotas da súa participación na consecución do seu patrimonio.

Artigo 25

A Xunta da Mancomunidade formará e aprobará anualmente un orzamento único, coas mesmas formalidades e de conformidade co establecido polas disposicións aplicables nes- ta materia ás demais corporacións locais. Así mesmo, rexeranse polas devanditas dispo- sicións o desenvolvemento, a fiscalización económica e o rendemento das contas anuais correspondentes.

Artigo 26

O/a presidente/a da Mancomunidade exercerá, pola condición que desempeña, as fun- cións de ordenar os pagamentos e todas as demais que, no aspecto económico, lle corres- pondan aos alcaldes/as respecto aos seus concellos.

Artigo 27

A contabilidade correrá a cargo do/da secretario/a interventor/a e do/da tesoureiro/a, se- gundo as tarefas que lle correspondan a cada un/unha, de acordo coa normativa de réxime local establecida para os concellos en xeral.

Artigo 28

Para o coñecemento, exame e fiscalización da xestión económica, o/a presidente/a ren- derá, ao final de cada exercicio, a conta xeral do orzamento, á cal engadirá a súa liquida- ción e demais documentación establecida pola lexislación vixente. A tramitación e aproba- ción adaptarase ás disposicións aplicables ás demais entidades de réxime local.

Artigo 29

A cobranza e a administración das contribucións que se acorden impoñer por execución de obras, prestación de servizos, etc. –ata o seu ingreso no erario da Mancomunidade– levaraas a efecto cada un dos concellos mancomunados, dentro dos seus municipios, ou ben o ORAL, logo da correspondente tramitación do expediente de delegación no devan- dito organismo.

CAPÍTULO V

Duración, modificación, adhesión, separación e disolución da Mancomunidade

Artigo 30

Dado o carácter permanente dalgúns dos fins que a motivan, a Mancomunidade consti- túese con duración indefinida.

Artigo 31

A Xunta da Mancomunidade poderá acordar, de oficio ou por instancia dos concellos que a constitúen, a iniciación da modificación dos estatutos. Para calquera modificación

dos estatutos seguirase o procedemento previsto no artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, ou equivalente.

Artigo 32

Constituída a Mancomunidade, poderán adherirse a ela, por procedemento similar ao da modificación dos estatutos, os concellos que así o soliciten, se encontren comprendi- dos nas condicións previstas nos presentes estatutos, e sexa factible a súa incorporación. Unha vez incorporados, as obrigas que lles correspondan segundo o dispoñan os termos da adhesión. Esta adhesión poderá facerse para todos ou para algún dos fins da Manco- munidade, segundo os acordos que se adopten.

Sobre as adhesións que se soliciten terá que emitir informe favorable a Xunta da Man- comunidade, que poderá establecer as condicións que considere oportunas, tanto de tipo económico como doutra índole, para o concello ou concellos que pidan a incorporación, adhesión que obrigará á correspondente modificación dos estatutos.

Artigo 33

Mediante trámites semellantes ao da adhesión, poderá separarse da Mancomunidade a calquera dos concellos que a integran, logo do correspondente aviso, que deberá realizar- se cun ano de antelación, segundo establece o artigo 143.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e sen deixar de cumprir durante o devandito prazo cos compromisos contraídos.

Así mesmo, será preciso o informe da Xunta da Mancomunidade, sen que poida ter carácter vinculante.

Recibido o aviso previo a que se fai referencia, iniciarase a tramitación e efectuarase a liquidación que tanto do pasivo como do activo lle puidese corresponder.

Artigo 34

A Mancomunidade poderá disolverse:

  1. Por desaparición das finalidades que motivaron a súa constitución ou por ser asu- mida a súa prestación polo Estado, comunidade autónoma, deputación ou organismo específico.
  • Por integrarse noutra mancomunidade que poida constituírse nun futuro.
  • Mediante acordo da Xunta da Mancomunidade, que deberá ser ratificado posterior- mente por acordos dos concellos que a integran, nos termos do artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, ou equivalente.
  • Por calquera outra causa establecida por disposición de obrigado cumprimento.

Artigo 35

En caso de disolución da Mancomunidade, practicarase liquidación de todos os bens e dereitos que posúa e o resultado, positivo ou negativo, será atribuído a cada un dos con- cellos que a forman, na mesma proporción que a establecida para a fixación das achegas da Mancomunidade.

En canto ao persoal da entidade, tras a disolución da Mancomunidade, observarase o disposto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local.

CAPÍTULO VI

Réxime de transparencia da mancomunidade

Artigo 36.    Información sobre actuacións e acordos da Mancomunidade

A Mancomunidade disporá dun portal de transparencia, de conformidade co establecido na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. No portal de transparencia faranse efectivas as obrigas de transparencia exixidas pola lexislación aplicable nos diferentes ámbitos.

Sen prexuízo das obrigas de publicidade activa impostas pola lexislación aplicable, a Mancomunidade utilizará todos os medios ao seu alcance co fin de transmitir información da actividade corporativa e facilitará a súa máis ampla difusión.

Para a información xeral, as convocatorias e a orde do día das sesións do Pleno faranse públicas, fundamentalmente a través do taboleiro de anuncios e, en todo caso, no portal de transparencia da Mancomunidade, así como nos dos respectivos concellos.

Sen prexuízo do disposto pola normativa vixente sobre notificación e publicación de

actos e acordos, a Mancomunidade dará publicidade dos acordos da Xunta da Mancomu-

nidade e da Comisión Executiva a través dos medios que considere oportunos, como o portal de transparencia e/ou o taboleiro de anuncios.

A Mancomunidade atenderá, así mesmo, as solicitudes de dereito de acceso á informa- ción pública, de conformidade co establecido na normativa vixente.

Disposición derradeira

O/a presidente/a da Mancomunidade, unha vez aprobados os estatutos da Mancomuni- dade, solicitará no prazo dun mes, do Rexistro de Entidades Locais, a inscrición ou toma de razón da devandita modificación. Á vez remitiralle copia certificada dos estatutos modifica- dos á consellería competente en materia de réxime local e comunicarallos á Administración do Estado, e, en definitiva, dos datos rexistrados ou, de ser o caso, da cancelación rexistral que acordase disolver a Mancomunidade, tendo en conta, en todo caso, o disposto polo Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o rexistro de entidades locais de Galicia, e pola Orde do 8 de marzo de 2000, do seu desenvolvemento.

Dereito supletorio En todo o non previsto nos presentes estatutos observarase, no que lle resulte de apli- cación, o disposto sobre as materias que lle concirnen, a Lei 7/1985, do 2 de abril, regu- ladora das bases do réxime local; a Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local; a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Real de- creto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e de- marcación territorial das entidades locais; o Real decreto 3568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e as demais disposicións de réxime local que resulten de aplicacion