---------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Concello do Carballiño vén de incorporar dúas brigadas de prevención e loita contra os incendios forestais a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. Un total de oito persoas (dous xefes de brigada, dous conductores e catro peóns) traballarán durante os próximos tres meses en tarefas relacionadas con limpeza e desbroce de camiños e pistas forestais, así como na extinción de lumes.
Os dous equipos integraranse no Servizo Municipal de Emerxencias do Carballiño, sumándose así ao seu traballo diario en materia de prevención.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------


















