A Xunta adxudica a redacción do proxecto para completar o acondicionamento da estrada OU-154 no Reino, en Piñor

IES CHAMOSO LAMAS

O contrato, cun prazo de 6 meses, incluirá a mellora das redes de electricidade, do alumeado público e de telefonía

Estas obras danlle continuidade ás da primeira fase, que se reanudarán en abril tras a necesaria tramitación das reposicións dos diferentes servizos

HIPER MASIDE

A actuación prevé a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns, a rehabilitación do firme e a disposición de nova sinalización

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto para completar a mellora da estrada OU-154 no Reino, no concello de Piñor.

O contrato, cun prazo de 6 meses, foi adxudicado ao consultor Urbing, Proyectos de Urbanismo e Ingeniería Civil, S.L., por un importe de máis de 18.000 euros.

O obxectivo da actuación é darlle continuidade á primeira fase do acondicionamento nesta estrada ao seu paso polo lugar do Reino.

Os traballos desta segunda fase incluirán a mellora das redes de electricidade, do alumeado público e de telefonía existentes.

Na actualidade, estas redes son aéreas polo que, para eliminar os postes de electricidade e cableado existentes, executarase un prisma de servizos que albergue unha rede de tubos enterrados, dotando as vivendas de acometida.

Esta instalación realizarase no espazo que ocupa a beirarrúa, coa conseguinte reposición do pavimento e a mellora da accesibilidade xeral de toda a rúa.

Tamén se disporá unha nova rede de alumeado público con luminarias de tipo led.

Estes traballos obxecto da adxudicación completan as obras xa iniciadas neste treito, que se reanudarán na primeira quincena de abril tras a necesaria tramitación das reposicións dos diferentes servizos.

A actuación, licitada por un importe de 160.000 euros, consiste na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, para incrementar a seguridade viaria na contorna.

A intervención recolle a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.

PUBLICIDADE