Os transportistas protestan cunha pitada no centro do Carballiño

Unha xornada máis, os transportistas do Carballiño e da contorna decidiron levar a súa reivindicación ó centro da vila, facendo unha pitada como sinal de protesta ante a situación actual co prezo do combustible. A pesar do acordo que anunciabamos fai uns días, o sector non está satisfeito, e nalgunhas cidades coma a de Ourense, o parón segue a ser indefinido logo de dez días.

O sector non claudica. Aseguran que é máis rentable non traballar que facelo nestas condicións. Son moitos os cidadáns que respaldan a súa protesta. Algunhas empresas da contorna xa notan a problemática da falla de abastecemento e empresas como Coren ou Aceites Abril, en Ourense, teñen problemas para garantir a saída de produto. O sector reclama medidas definitivas que garantan unha calidade laboral ante a situación actual.