O subdelegado do Goberno achégase a coñecer a nova APP Importas da TGSS coa que o cidadán pode realizar multitude de trámites dende o seu teléfono móbil

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Actualizar e consultar datos persoais, coñecer as bases de cotización ou descargar o Informe de Vida Laboral son só algunhas das xestións que permite esta nova APP, dispoñible en Google Play e iOS

Ourense, 11 de outubro de 2024. – O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou esta mañá as instalacións do INSS en Ourense para achegarse ao traballo diario dos funcionarios  e ás necesidades do organismo, tal e como abordou coa directora provincial do INSS e da TGSS, Carolina Gancedo, e co subdirector de Xestión Recaudatoria, Juan Carlos Blanco.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta visita tamén tiña como obxectivo que o subdelegado coñecese in situ as funcionalidades da nova APP Importass que a TGSS vén de poñer en marcha, totalmente de balde, a cal, grazas á súa navegación accesible e intuitiva, “facilita a relación do cidadán coa Seguridade Social”, explicou Carolina Gancedo.

Actualizar e consultar datos persoais, obter información detallada sobre as bases de cotización ou descargar o Informe de Vida Laboral son algunhas das accións que permite esta nova aplicación, xa dispoñible en Google Play e na App Store de iOS.

Pola súa banda, o subdelegado valorou moi positivamente esta novidade xa que “permite tanto obter información como realizar trámites de xeito sinxelo dende o propio móbil”, destacou.

Ademais, coa APP Importass a Seguridade Social busca beneficiar a todos os colectivos que realizan trámites de xeito habitual, como son os autónomos, emprego no fogar e artistas; ao mesmo tempo que logra achegarse aos máis novos, que dende este inicio de curso teñen acceso a través da mesma a información sobre a cotización das súas prácticas formativas, así como a amplitude de xestións que lles serán de utilidade no presente e no futuro. Trátase dun formato totalmente adaptado a este colectivo, con todas as funcionalidades propias dunha app, como son avisos personalizados, notificacións e identificación biométrica.