Ribadavia pon a disposición da Xunta catro novos inmobles para a súa rehabilitación como vivenda pública no Casco Histórico

O programa REXURBE logra adquirir 4 novos inmobles no casco histórico para a súa rehabilitación para vivenda pública. Que se suman aos 2 licitados fai 6 meses, en novembro, na praza García Boente 1 e na praza de San Xoán 3, adquiridos tamén ao abeiro do programa Rexurbe.  O departamento de Urbanismo do Concello de Ribadavia realiza unha labor de difusión deste Programa en coordinación co Instituto Galego de Vivenda e Solo co obxectivo de facilitar que a veciñanza con propiedades no Casco Histórico poida poñer estes inmobles a disposición da Xunta para a súa adquisición e posterior rehabilitación.  Como consecuencia desta labor do Concello, logrouse en 2022 que 4 propiedades fora adquiridas polo Programa Rexurbe, a cifra máis alta desde que existe, xa que en 2021 foron 2, e só un en 2020.   – Por outra banda, o Concello continúa traballando no Plan de Dinamización do Programa Rexurbe coa intención de que poida ser enviado a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o antes posible. Este Plan vai ser rematado, pois atopábase en fase de redacción, e adaptado as necesidades reais de Ribadavia.   – Ademais, desde a área de urbanismo continuase co seguimento dos proxectos de rehabilitación dos 4 inmobles adxudicados polo Concello en 2021 por subasta pública, 3 dos cales serán destinados ao primeiro hotel do barrio xudeu. O Concello pretende facilitar todos os trámites aos promotores destas rehabilitacións. Desde o Concello facemos unha valoración positiva deste proceso en marcha iniciado en 2021, froito do cal 4 inmobles en estados ruinoso que eran propiedade do Concello van ser recuperados, axudando a dinamización do conxunto monumental e sendo un importante impulso.