A Lira de Ribadavia anuncia o peche da Escola Mestre Veroni a causa de falla de financiación

A Lira de Ribadavia atopa o seu sustento nas actuacións que realizan cada ano. Dadas as condicións que se derivan da pandemia, este ano eses ingresos son inexistentes. Aseguran que por parte da Deputación non conseguiron axuda para manter a súa actividade.

En canto ó concello, contan cun convenio anual, que dada a situación é insuficiente, pero non se chegou a acordo plenario para o apoio económico á Lira. Deste xeito, anuncian que a comezos do 2021, vense obrigados a pechar a Escola de Música Mestre Veroni. Mandan unha mensaxe a todos os colectivos para loitar a prol de manter a cultura viva e o que supón este peche.

AVANTAR ACTIVIDADES