Proceso selectivo para a selección do persoal directivo e docente, do proxecto Obradoiro “Vía da Prata III” promovido polos concellos de Cea, Piñor e Vilamarín.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Publicado no BOP

Por Resolución da Alcaldía do 16 de outubro de 2023, aprobáronse as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo e docente, do proxecto Obradoiro dual de emprego denominado “Vía da Prata III”, promovido polos
concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.
Clase de persoal: laboral temporal.
Duración: 12 meses.
Prazas convocadas: director/a, persoal administrativo e persoal docente.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais
seguintes aos da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015,
do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das
administracións públicas.
Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO