O concello de Ribadavia celebra sesión plenaria hoxe ás 20:00 horas

O concello de Ribadavia está celebrando unha sesión plenaria ordinaria nestes intres. Os puntos da orde do día establecidos son a aprobación da acta da última sesión, celebrada o 29 de xullo, a aprobación dunha modificación orzamentaria e a aprobación inicial da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo Familias Madrugadoras. No relacionado co control municipal por parte da oposición, debateranse as mocións de Ribeiro en Común relacionadas con destinar recursos do superávit para mellorar Ribadavia e que o concello garantice medidas de seguridade para que a volta ás aulas sexa segura. O BNG tamén presentou unha moción relacionada cas novas medidas para os centros educativos e unha iniciativa de plan de reactivación económica e protección social para Ribadavia. Por parte do PSOE, presentaron unha moción na que piden un plan para a mellora de comiños rurais ca colaboración da Deputación.