O BNG denuncia a discriminación do alumnado do IES de Bande

 As nacionalistas levan ao Parlamento galego unha proposición de lei para que a Xunta de Galiza autorice cursar as materias específicas con menos de cinco alumnos e alumnas.

Publicidade

O BNG levará ao Parlamento galego unha proposición non de lei para que a Xunta de Galiza autorice no IES de Bande a cursar as materias específicas “con menos de cinco alumnos e alumnas, se hai no centro persoal capacitado para prestalas e con dispoñibilidade horaria para impartilas”.

A proposición, que foi rexistrada esta semana polo deputado Iago Tabarés trata de responder á discriminación que sofre o alumnado de Bande, e doutros centros do país, onde se está a denegar a posibilidade de cursar as materias da súa elección, malia que existe profesorado capacitado e con dispoñibilidade.

Xunto a esta iniciativa, Tabarés expoñerá a cuestión diante da Comisión 4ª do Parlamento. “Considera a Xunta de Galiza que impedir ao alumnado cursar as materias da súa elección pode condicionar o acceso á carreira universitaria da súa elección?, entende o Goberno galego que resulta eficaz e eficiente impedir impartir aulas a profesorado que, estando capacitado, ten dispoñibilidade horaria?”, interpela o deputado no texto que cuestiona a resolución de 17 de xuño da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se exixe a inscrición de cando menos cinco alumnas ou alumnos para que se poida impartir nos centros do medio rural determinadas materias troncais ou específicas.

No caso do IES Aquis Quequernis de Bande, esta situación provocou a reacción de nais e pais de alumnas afectadas, e a protesta do BNG que agora se eleva ao Parlamento. 


Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, Manuel Lourenzo Sobral e Noa Presas
Bergantiños, deputados e deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte
Pregunta para resposta oral na Comisión 4ª, sobre a autorización ao IES Aquis
Querquernis de Bande a impartir as materias escollidas polo alumnado.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Resolución de 17 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e
Formación Profesional da Xunta de Galiza pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22, exixe a inscrición de,
cando menos 5 alumnos/as, para que se poda impartir nos centros do medio rural
determinadas materias troncais ou específicas.
Certamente os rateos establecidos non son moi diferentes aos que estaban
vixentes ate o de agora, mais cunha transcendental diferenza, como era o feito de
admitir excepcións para o caso de que existira persoal docente con dispoñibilidade
horaria para impartir esas materias no centro. É dicir, malia que o número de alumnos
que optasen por unha materia determinada fose inferior a 5, se existían medios para dar
satisfacción á vontade ou vocación dx alumnx, podería autorizarse impartir a materia
escollida.
Certamente non é ate o vencemento do prazo de matrícula -entrado o mes de
setembro- cando os centros primeiro e logo o alumnado poden coñecer o número de
escolares que escollen unha materia concreta e xa que logo as ensinanzas a impartir nese concreto centro.
E por iso que non foi ate o mes de setembro cando o alumnado interesado tivo
coñecemento da postura inxustificadamente inflexible da Xunta de Galiza e, xa que
logo, da imposibilidade de cursar a materia escollida no seu centro.
Esta nova restrición de dereitos das persoas de contido netamente ideolóxico –
primar principios economicistas sobre o reequilibrio territorial e os dereitos das persoas-
, mais colateralmente está a prexudicar a cidadanía sen aforro de recursos algún. Así,
existen centros, fundamentalmente localizados no medio rural, mais non
exclusivamente, no que existe persoal capacitado para a impartir as materias e con
dispoñibilidade horaria para facelo, a pesares do que a Xunta de Galiza esta a negar tal
posibilidade aos alumnos/as.
Tendo en conta tanto o asentamento da poboación como o precario das
comunicacións e posibilidades de transporte e comunicación no medio rural, así como o
inicio do curso escolar provocan que dependendo de onde residan (e por suposto tamén
das súas circunstancias económicas e sociais) podan aspirar a cursar ou non as materias
da súa elección. Estudos que tamén condicionará as súas posibilidades de cursar no
futuro os estudos universitarios que desexen. Circunstancia xa acontecida a alumnas do
propio centro Aquis Quequernis no que a limitación de oferta académica ten impedido,
de facto, capacitarse para o exercicio da súa vocación.
O anteriormente descrito é o caso que se esta a producir, entre outros moitos
centros, no IES Aquis Querquernis de Bande onde se está denegar ao alumnado a
posibilidade de cursar as materias da súa elección, a pesares de existir profesorado
capacitado para facelo e con dispoñibilidade horaria para prestala.
Por estes motivos formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na
Comisión 4ª :
. Considera a Xunta de Galiza que impedir ao alumnado cursar as materias da
súa elección pode condicionar o acceso á carreira universitaria da súa elección?
. Entende o Goberno Galego que resulta eficaz e eficiente impedir impartir aulas
a profesorado que, estando capacitado, ten dispoñibilidade horaria?
. A denegación da autorización para impartir as materias escollidas polo
alumnado, impedindo estudar as materias da súa elección ou obrigándolles a abandonar
o seu centro de estudos do seu concello, contribúe ao reequilibrio territorial e a evitar o
abandono da poboación no medio rural