A Deputación patrocina a XV edición do Pórtico do Paraíso, “un festival que conxuga calidade e experiencias únicas”, segundo Rosendo Fernández

Ás -11.00 horas: Presentación do festival Pórtico do Paraíso.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación do XV Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. Acompañan na presentación Juan Enrique Miguéns (Director do Festival), Purificación Iglesias Pateiro (Director do Conservatoiro Profesional de Ourense), Francisco Magide (Representante do Concello de Parada de Sil) e Conchi Dasilva. Lugar: Sala de Prensa da Deputación. A rolda de prensa poderase seguir en directo a través da web da Deputación.

O vicepresidente primeiro da Deputación valorou o nivel da programación -“con propostas importantes no eido internacional da música culta”- e a capacidade do festival para reivindicar emblemas arquitectónicos da provincia, con concertos nos mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e Santa María de Montederramo

O festival arrancará o 29 de abril co concerto de Americantiga Ensemble na igrexa de Santiago das Caldas, programado coma homenaxe das vítimas do covid e da guerra da Ucraína

AVANTAR ACTIVIDADES

O director do Pórtico do Paraíso, Juan Enrique Miguéns, destaca “a volta a liña máis internacional do festival” e a presenza no programa do Conservatorio de Ourense, coma sede de cursos de interpretación e coa súa participación no concerto do pianista Raúl da Costa, que servirá para pechar o programa o 8 de maio

A directora do Conservatorio de Ourense, Purificación Iglesias, valorou a importancia do ensino musical e deste tipo de eventos na “formación dos rapaces e na construción dunha sociedade culta”

Ourense, 20 de abril de 2022.- A sala de prensa da Deputación acolleu esta mañá a presentación da XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. Un evento organizado pola Asociación Pórtico Musical e patrocinado pola Deputación de Ourense e que, segundo definiu o vicepresidente primeiro provincial, Rosendo Fernández, “xa é un clásico, un referente, con propostas importantes no panorama internacional no eido da música culta”.

Rosendo Fernández resaltou a “aposta da Deputación pola cultura e pola cooperación interadministrativa e a alianza pública-privada” para acadar dun xeito máis eficiente os obxectivos, neste caso co deseño dun festival que conxuga “calidade e experiencia únicas”. O vicepresidente primeiro da Deputación valora tamén a capacidade do Pórtico do Paraíso para mesturar “música e patrimonio”, coa posta en valor de emblemas da provincia como os mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e Santa María de Montederramo, inéditos ata o de agora como escenarios do Pórtico do Paraíso.

No acto de presentación do festival, que arranca o vindeiro 29 de abril, tamén interviron o director do Pórtico do Paraíso, Juan Enrique Miguéns e a directora do Conservatorio de Ourense, Purificación Iglesias. Na sala de prensa estiveron acompañados pola coordinadora do festival, Conchi da Silva e Francisco Magide, edil de Cultura de Parada de Sil, municipio colaborador do festival en Galicia xunto ao Concello de Montederramo, a Xunta de Galicia e Clínica Dental Parracía.

Juan Enrique Miguéns destacou, “en estes tempos convulsos”, a proposta coa que arranca o festival: “Unha versión inédita en España do ‘Requiem’ de Mozart, descuberta recentemente polo director da Americantiga Ensemble e que se combinará coas intervencións poéticas de Conchi da Silva”. Este concerto irá adicado ás vítimas da pandemia e da guerra de Ucraína.

O director do Pórtico do Paraíso destaca que o festival “volve a súa liña máis internacional, con artistas que farán miles de quilómetros para tocar na provincia”. Miguéns lembra como dende a Asociación o traballo para “sumar edicións a pesar dos obstáculos, sempre co compromiso coa calidade”, agradecendo o patrocinio da Deputación e o resto de colaboradores: “Sen entidades públicas e privadas non sería posible este festival”. Juan Enrique Miguéns tamén sinalou a vontade de “dar protagonismo ao Conservatorio de Ourense no seu 65 aniversario, levando cursos de interpretación -Kyuhee Park  e Raúl da Costa- e contando coa súa Orquestra Clásica para o concerto de peche en Montederramo.

A directora do Conservatorio de Ourense definiu como significativo a coincidencia do 65 aniversario cos 15 anos de festival, agradeceu a colaboración do director e da coordinadora do Pórtico do Paraíso para “manter encontros formativos con artistas de renome internacional”. Purificación Iglesias resaltou a importancia que ten na formación dos rapaces e dunha sociedade culta o ensino da música, situando como clave a colaboración entre administracións e sector privado para o desenrolo destes eventos.

Programación do 29 de abril ao 8 de maio

O festival arranca o venres 29 de abril co concerto do conxunto vocal e instrumental  Americantiga Ensemble (igrexa de Santiago das Caldas, 20,30 horas). O domingo 1 de maio, a Andrew Lawrence-King, “lenda vida da música antiga” segundo Miguéns, estará no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil (19,00 horas), cun programa de música inglesa renacentista e barroca seleccionado especificamente para este concerto. O venres 6 de maio, a surcoreana Kyuhee Park tocará no Liceo de Ourense (20,30 horas), cun programa de música española. E pechará o festival no mosteiro de Santa María de Montederramo, o pianista luso Raúl da Costa, cunha primeira parte de Schumann e unha segunda co concerto número 9 de para piano e orquestra de Mozart en compañía da Orquestra Clásica do Conservatorio de Ourense (19,00 horas). En paralelo, haberá cursos de interpretación no Conservatorio de Ourense con Kyuhee Park (5 de maio) e con Raúl da Costa (4, 5 e 6 de maio).

Todos os detalles da XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso están na súa web.