Información preocupante que pode afectar o Asilo do Carballiño

O Diario de Pontevedra publicaba no mes de febreiro unha información que ( esperemos que non ) pode afectar o Asilo do Carballiño

A congregación de Hermanitas de Ancianos Desamparados pechou fai 8 anos o Asilo de Pontevedra baseándose en dous argumentos: por unha banda, o elevado custo das reformas que tería que acometer no xeriátrico para adecualo á nova normativa que rexe para este tipo de centros e, por outra banda, na falta do persoal necesario para atender as instalacións debido á falta de vocacións.

AVANTAR ACTIVIDADES

O órgano que dirixe a congregación, que ten a súa sede en Valencia, explica que a reapertura do Asilo de Pontevedra ten que pasar obrigatoriamente pola redacción dun proxecto de rehabilitación integral do xeriátrico, un estudo técnico para o cal necesitaría dun financiamento coa que aínda non conta. “Estamos pendentes da venda dalgún asilo de Galicia cuxa xestión podamos deixar, cos fondos obtidos, poder asumir a rehabilitación pendente en Pontevedra”, sinalan portavoces da xunta que dirixe a superiora xeral da institución relixiosa, sor Purificación Castro Negro, que ten “o máximo interese” por volver dar vida ao asilo da cidade do Lérez.

Esta parte da noticia que fala da posibilidade de vender algún Asilo en Galicia é a que pode preocupar a Carballiño

Por eso é necesario que unha voz autorizada explique canto antes todas estas circunstancias para tranquilidade de todos

ENLACE a Diario de Pontevedra . Clic na Imaxe