O concello comeza ca execución das melloras nas parroquias da periferia

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, anuncia o comezo da execución das obras que xa foron adxudicadas o pasado ano, tamén con cargo ós orzamentos do 2021. Estas obras consistirán en melloras no saneamento e no abastecemento e asfaltado, e nalgunhas zonas no cambio das beirarrúas. Permitirán acabar co acondicionamento das parroquias periféricas, coma Señorín, Seoane, Veiga e Arcos.

Nesas mesmas zonas estase rematando co cambio de luminarias a sistema LED, o que supón unha gran mellora da calidade de vida pero tamén un aforro enerxético importante, sobre todo co incremento do prezo da luz. Recordamos que todas estas obras forman parte a cargo do remanente do pasado ano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, Vicepresidencia da Xunta confirmou o apoio económico para a construción da nova nave de Protección Civil e procederase en breve a adxudicación das obras para o seu comezo o máis axiña posible.