O Colexio de Economistas de Ourense e a UNED/UNED exploran vías de colaboración

A decana do Colexio e o director de UNED/UNED Ourense mantiveron un encontro
oficial tras o que se irán concretando accións que redunden en beneficio da
sociedade provincial

Publicidade

O Colexio de Economistas de Ourense e a UNED/UNED exploran vías de colaboración. Así se desprende da reunión oficial que mantiveron esta mañá na sede colexial a súa decana, Carmen Sampayo David e o director de UNED/UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Ao encontro asistiu igualmente a xerente do Colexio, Susana Díaz Barreiros.


Nun clima de ilusión e cordialidade ambas as partes manifestaron a súa plena colaboración en accións formativas tanto para os profesionais da economía e a empresa como para o
público xeral, pois non se desdeña a posibilidade de organizar actividades divulgativas que
acheguen o mundo da economía a toda a sociedade ourensá.

Durante máis dunha hora a reunión fluíu por bo camiño de modo que o Colexio e a
Universidade irán materializando accións nos próximos meses. “A UNED/UNED segue estando
aberta a todos os sectores da provincia, aos poucos imos establecendo máis alianzas
que, sen dúbida, serán beneficiosas para a nosa sociedade. UNED/UNED Ourense tende redes
proveitosas en favor do desenvolvemento do territorio ao que servimos”, dixo o director, García Díaz.

Por parte da decana, Sampayo David, “queremos colaborar porque nos debemos á
sociedade e hai que devolverlle dalgunha maneira aquilo que dela recibimos, en forma de coñecemento”. Sampayo e García coincidiron no impulso que os move a contribuír ao
beneficio da colectividade cidadá.

UNED/UNED Ourense mantén contactos cun amplo abanico de organizacións e institucións
para seguir apostando polo desenvolvemento ourensán desde o ámbito do coñecemento e a
investigación